O público do Festival Sinsal SON Estrella Galicia cumpriu coa “tradición” e, un ano máis, esgotou rapidamente todas as entradas  dispoñibles para asistir a San Simón. En tan só 24 horas, vendéronse todos os abonos; mais tamén os billetes dispoñibles para viaxar en barco desde o litoral até o corazón das Rías Baixas, tanto o sábado 27 coma o domingo 28 de xullo, e gozar dun cartel secreto que conforman máis de 20 bandas e solistas de todo o mundo. Aos dous días esgotáronse tamén as últimas entradas dispoñibles para a xornada do venres 26. 

GRAZAS!