Xa podes adquirir en Enterticket o teu abono para gozar de Sinsal SON Estrella Galicia 2024 (26, 27 e 28 de xullo na illa de San Simón). O cartel, coma sempre, é secreto, pero cada xornada será diferente á anterior. Contaremos con máis de vinte bandas e solitas chegadas de todo o mundo; unha morea de actividades paralelas... e dunha contorna espectacular! 

O número de abonos é limitado. Se tes dúbidas sobre como mercar os teus billetes, cales son horarios dos barcos ou onde están os embarcadoiros, podes consultar a nosa sección de preguntas frecuentes, nas que incluímos as consultas máis habituais do público de Sinsal.

Lembra que para vir a San Simón é imprescindible ter entrada. E se no lugar de mercar abono prefires adquirir entradas por día, poderás facelo a partir das 12:00 horas do luns 13 tamén en Enterticket!