En 2019, estes son os nosos obxectivos #sinsalsostible
O pasado ano SINSALAUDIO fixo público o seu compromiso coa sostibilidade a través da elaboración, sinatura e publicación da súa política de sostibilidade; unha política aplicable a todos os seus eventos. Para materializar esta política deseñouse un plano de sostibilidade.
O plan, que denominamos #sinsalsostible, consta de seis iniciativas que abranguen as tres áreas fundamentais da sostibilidade: social, medioambiental e económica.
As seis iniciativas foron:
#sinsalporigual
#sinsalediverso
#sinsalecircular
#sinsalelocal
#sinsalsenplásticos
#sinsalsenmalosfumes
Os nosos obxectivos para 2019? En que queremos avanzar en Sinsal SON Estrella Galicia?
#sinsalporigual #sinsalediverso
Manter o ratio de 60% de mulleres no staff de produción
Manter o ratio de igualdade na programación : 44% de bandas lideradas por mulleres
Manter o número de países representados: 14 países
#sinsalsenplásticos #sinsalsenmalosfumes
Recollida selectiva do 100% da fracción orgánica
Reducir os ratios de envase lixeiro e papel cartón nun 50%
Recollida selectiva do 100% do café
Aumentar nun 20% o ratio de persoas que comparten vehículo até o porto de Meirande.
#sinsalecircular #sinsalelocal
Aumentar o número de elementos reutilizados
Manter as iniciativas de colaboración con entidades locais
Incrementar nun 0,5% o impacto económico na comarca
Para conseguir estes obxectivos, contaremos coa implicación de público, patrocinadores, institucións e empresas provedoras e colaboradoras. Nas próximas semanas iremos detallándovos as iniciativas 2019 para #sinsalsostible.