• Venres 5 de abril
    HORA LUGAR
    21.30 horas Sala Radar Deafkids
    • Deafkids

      Deafkids

      Sala Radar | 21.30 horas

      Nada en 2010 na cidade industrial de Volta Redonda (Río de Janeiro), Deafkids propón explorar a través da música diferentes vías que avancen cara á “desprogramación sónica da mente”, e achegen visións do mundo completamente diferentes, complementarias e opostas. 

       

      A unión da banda -ao inicio formada polo prolífico Douglas Leal- e o seu traslado conxunto a Sao Paulo deu pé a abrir o espectro estilístico da mesma, que transita entre o heavy metal, o noise rock, a pshicodelia, o jazz espiritual, o hardcore punk ou mesmo a música africana, entre outras, pois todos os xéneros son benvidos para Deafkids á hora de experimentar coa expresión musical.  
       

  • Venres 19 de abril
  • Xoves 9 de maio
Os días 5 e 19 de abril, e 9 de maio, Vigo acollerá unha nova cita coa música de vangarda: Sinsal Primavera 2024.
Ir arriba