• Venres 5 de abril
  • Venres 19 de abril
  • Xoves 9 de maio
    TIME LOCATION
    20.30 horas MARCO Julius Gabriel
    • Julius Gabriel

      Julius Gabriel

      MARCO | 20.30 horas

      O berlinés Julius Gabriel é un saxofonista que explora os límites e as complexidades do instrumento, ademais da interacción entre a corporalidade, a acústica, a trascendencia e a hipnose. A súa base musical -labrada en escolas de música públicas, clubes underground e universidades- está fondamente arraigada na improvisación, para a que parte dun amplo espectro ecléctico de xéneros musicais. 

       

      Será a primeira actuación en Galicia de Julius Gabriel, un directo que se enmarca na súa xira internacional Tales from the subterranean. Como solista ten publicado numerosos traballos discográficos, mais tamén ten sido parte de proxectos corais como Paisiel, Ikizukuri, Das Behälter, Blutiger Jupiter, About Angels and Animals, The Dorf ou Barry Guy Blue Shorud Band. 

Os días 5 e 19 de abril, e 9 de maio, Vigo acollerá unha nova cita coa música de vangarda: Sinsal Primavera 2024.
Go to top