• Venres 5 de abril
  • Venres 19 de abril
    TIME LOCATION
    20.30 horas MARCO Kristin Hersh
    • Kristin Hersh

      Kristin Hersh

      MARCO | 20.30 horas

      Unha das figuras máis relevantes da escena alternativa norteamericana chega ao Sinsal no marco da súa xira europea, na que presenta o seu último álbum, Clear Pond Road (Fire Records, 2023), un disco que que propón un auténtico road trip a través de historias persoais da cantante e guitarrista de Atlanta. 

       

      Kristin Hersh é un dos nomes clave do underground estadounidense, tanto pola súa carreira en solitario (con máis de dez traballos discográficos asinados por ela) como por estar ao fronte, nos anos 80, de bandas como Throwing Muses ou 50FootWave. Innovadora do rock, e posuidora dunha voz única -que viaxa entre a suavidade do melódico e até os berros apaixonados-, a súa cita con Vigo, en formato acústico, é de visita obrigada para as e os amantes da música.

  • Xoves 9 de maio
Os días 5 e 19 de abril, e 9 de maio, Vigo acollerá unha nova cita coa música de vangarda: Sinsal Primavera 2024.
Go to top