Os estaleiros Cardama acollen a actuación da banda danesa AySay no concerto extra de peche do Sinsal 2022
O Sinsal SON Estrella Galicia rematou hoxe, luns 25 de xullo, cun concerto extra nos estaleiros vigueses Cardama Shipyard. O recinto industrial situado nos terreos portuarios -e que foi unha das sedes do Sinsal Litoral 2020- acolleu desde as 21.00 horas a actuación secreta da banda danesa AySay.
O grupo ofreceu un sorprendente directo no que rompe fronteiras entre as tradicións orientais e occidentais, que á súa vez conflúen coa electrónica. A súa lider, Luna Ersahin, abandera a diversidade cultural tanto nas súas melodías como na súa mensaxe: danés, kurdo e turco soaron esta noite no escenario Cardama Shipyard Xacobeo 21-22.
O concerto de peche deste Sinsal SON Estrella Galicia 2022 , que foi posible grazas á colaboración do Goberno de Dinamarca a través da súa institución cultural Tempi, tivo lugar nunha das localizacións máis singulares do festival, todo un símbolo para a cidade que permite por en relación non só o patrimonio cultural co industrial; senón salientar o valor do sector dos estaleiros e do seu persoal traballador para á economía local.