As entradas para sábado 27 de xullo esgótanse nunha hora, grazas!
Gustaríanos saber moitos máis idiomas para poder darvos moitas GRAZAS inmensas pola confianza, fidelidade e entusiasmo. Ofrecémosvos algunha recomendación sobre as entradas do festival:
Anotade: o domingo 28 ainda ten dispoñibles entradas. O CARTEL SERÁ O MESMO que o do sábado 27, con 7 concertos mínimo nos escenarios principais.
Xoves 25 de xullo, un día festivo, con 4 concertos en escenarios principais pola tarde; o venres 26, tamén 4 concertos. Os carteis dos 2 días, diferentes.
Queres vir con menores? É importante que saibas que as actividades familiares en San Simón teñen lugar xoves 25 e domingo 28. Pero como verás na plataforma de venda, AS ENTRADAS A PREZO REDUCIDO PARA MENORES EN DOMINGO 28 XA ESTÁN ESGOTADAS. Así que se queres vir en familia con prezo reducido a menores, pensa no xoves 25.