Xa non quedan máis entradas para gozar do Sinsal SON Estrella Galicia 2022. Moitas grazas a todas e a todos pola vosa confianza na nosa programación. Agardamos que gocedes tanto do festival coma nós preparando o evento. 

Lembra que se tes entrada de día ou abono deste Sinsal 2022, poderás participar nas actividades paralelas que terán lugar na illa. Polo de agora sabemos que haberá microconcertos en acústico en Santo Antón, actividades acuáticas de pedal surf ou obradoiros de reciclaxe, mais non serán as únicas :) Consulta todas as actividades paralelas aquí!