Venres 3 de maio, 12h. Ábrese a venda de abonos e entradas SÓ para compradores do Sinsal Museo do Mar de Galicia, celebrado en Vigo o 6 de outubro de 2018.

Todas as persoas compradoras recibirán un mail coas instrucións: compra con número de DNI e un máximo de localidades fixado polo número de entradas adquiridas no festival do Museo do Mar. Un exemplo? Se compraches 2 entradas en outubro, non poderás mercar máis de 2 para San Simón, iso si, poden ser distintas: abono e entrada ou entradas de diferentes días.

Esta venda péchase o domingo 5 de maio á mesma hora. IMPORTANTE: TODAS AS OPERACIÓNS QUE NON RESPECTEN AS CONDICIÓNS SERÁN ANULADAS.

Luns 6 de maio ás 12h. Ábrese a venda de abonos ao público xeral.

Lembra que hai 2 tipos de abono: venres 26 + sábado 27, venres 26 + domingo 28. O cartel de sábado e domingo será o mesmo e non hai abono para eses dous días. O número máximo de abonos por compra: 5.

Martes 7 de maio ás 12h. Ábrese a venda de entradas de día.

Lembra que hai 4 entradas distintas para cada un dos días: xoves 25, venres 26, sábado 27 e domingo 28.

Xoves e venres o festival desenvólvese en horario de tarde con 4 concertos en escenarios principais cada xornada; sábado e domingo durante todo o día, con 7 concertos mínimo en escenarios principais. O número máximo de entradas de día por compra: 5.

De especial interese para aquelas persoas que ides vir a Sinsal SON Estrella Galicia 2019 con pequenas e pequenos.

Hai un cupo de abonos e entradas para menores (até 16, incluídos) cada día a prezo reducido.
Toda persoa, independentemente da súa idade, ocupa praza no barco e suma aforo na Illa de San Simón, polo tanto debe ter a súa entrada (si, os bebés de 0 a 3 tamén, para iso se habilitan prazas de prezo moi reducido). Haberá actividades específicas para crianzas xoves 25 e domingo 28 de xullo.