Desde 2018, de todos os artistas que veñen a Sinsal SON Estrella Galicia, hai dous dos que dicimos o nome (sen días, claro), dentro do cartel secreto do festival. 
Facémolo porque foron os vencedores do Vis a Vis, unha iniciativa de Casa África que cada ano leva a programadores españois a un país africano para que coñezan á novas bandas e que este ano viaxou a Ghana. As vencedoras 2019 e, polo tanto, premiadas coas súa participación nunha selección de festivais da península, entre eles o Sinsal SON Estrella Galicia son:

 

Kyekyeku & Ghanalogue Highlife: A Kyekyeku coñéceno como ‘o mestre da guitarra’. Un artista moi persoal que fusiona un estilo tradicional ‘folk’, o chamado ‘palmwine’ ghanés, co highlife e o afrobeat.

 

FRA! significa mestura en akan, e isto é o quen estes mozos do barrio de Nungua, en Accra. Con raíz afrocéntrica, din, desenvolven un proxecto personal que vai do afropop ao indie, rock e soul. Empezaron como grupo de versións e agora promocionan o seu primeiro traballo con temas propios.