O festival en cifras: informe de avaliación de FestGalicia
Fest Galicia a marca transversal impulsada por Agadic para dar apoio aos festivais acaba de publicar o informe completo de avaliación de Sinsal SON Estrella Galicia coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela. Foron 1.224 enquisas realizadas a asistentes en 2018.
Que puntuación global dades ao festival? Un 8,59, notable alto que sube a "sobre" na valoración da localización e integración da contorna, xestión de residuos e trato do persoal. Tamén hai que dicir que baixa a notable "pelado" ao falar de prezos Desde onde chegades a San Simón? Un 78% desde Galicia (a metade, da comarca), máis dun 17% do resto de España e case un 5%, estranxeiro.
Para cantos foi a vosa 1ª vez en 2018? Un 60%. E canto gastastes na contorna durante o festival? Uns 83 euros, sen transporte. Cal é o impacto económico no entorno do Sinsal SON Estrella Galicia? Aproximadamente 600 mil euros! E ben, hai un perfil de público Sinsal SON Estrella Galicia? Segundo o estudio, sería unha muller de entre 35 e 44 anos, con estudos universitarios, traballo por conta allea, ingresos de 1.000 a 2000 euros mensuais, que vai por primeira vez acompañada de amizades.
Grazas a Fest Galicia e ao equipo de enquisas!
O informe COMPLETO https://bit.ly/2QwZ467