“Déixaas” é o nome do último disco de Mercedes Peón -para a revista británica Songlines dos mellores en Europa en 2018 dunha artista “emotivamente contemporánea”, din-, que afronta a súa maneira de entender a música como unha labor de exploración e  movemento continuos. Desde a procura e investigación do son tradicional, tarefas que a levaron a ser recoñecida por unha grande audiencia hai máis de dúas décadas, os roteiros de Mercedes Peón resultan sempre inspiradores.Música autodidacta, compositora, multiinstrumentista, vocalista e produtora da súa propia obra, conta cun extenso recoñecemento internacional. Premio Nacional de Música no 2008 e Premio da Crítica Galicia en Música 2018, a En “Déixaas” e na Illa de San Simón coa colaboración de Mónica de Nut e Ana Fernández. 

El Petit de Cal Eril, proxecto tras o que atopamos a Joan Pons, desprega un estilo entre a canción popular e o folk-rock acústico con toques de psicodelia. Este foi o segundo concerto da tarde, ao redor do disco “Energia Fosca”, lanzado en maio de 2019 e que poñen a rodar en diferentes festivais, como o Vida de Vilanova i la Geltrú ou no propio Sinsal SON Estrella Galicia. O músico e compositor de Lleida é un nome de referencia na música catalana actual; os seus discos, delicados, o seu directo, emotivo. 

Raül Refree, o produtor de Rosalía 

Lina & Raül Refree  estrean proxecto en 2019. Raül Refree é un nome clave na “industria musical” española. Músico e produtor do disco “Los Ángeles” que lanzou a Rosalía ao mainstream planetario, xa traballara antes con Silvia Pérez Cruz, Kiko Veneno ou El Niño de Elche. En Lisboa coñece a Lina, que canta no Clube de Fado e axiña entran no estudio de gravación. Rodeado de sintetizadores vintage, Refree enmarca a voz da cantante, grande estudosa de Amália Rodrigues da que seleccionou un repertorio de clásicos, e prescinde dos instrumentos tradicionais do fado. O resultado, estrea neste verán de 2019 en festivais seleccionados. 

O cuarto concerto da tarde foi o dos Blanco Palamera, dous rapaces que medraron en Santiago de Compostela, onde se coñeceron cando o daban todo por White Stripes e atoparon en Madrid o escenario para crear “Promesas”, o seu primeiro disco. Tras deles, fin da xornada con Kyekyeku & Ghanalogue Highlife  un grupo que moderniza os ritmos vintage de Ghana cun líder virtuoso á guitarra. Participaron no Festival Vis a Vis que cada ano organiza Casa África levando a promotores españois a diferentes lugares de África para que coñezan os talentos musicais desta área. Os artistas gañadores participan nalgúns dos festivais españois máis coñecidos, como Sinsal SON Estrella Galicia. 

Conversa con Juan de Pablos 

Na xornada do venres o festival contou ademais coa visita do xornalista Juan de Pablos, que participou nunha conversa co público facendo repaso da súa traxetoria profesional. Continuaron as sesións con cilindros de cera do investigador británico Aleksander Kolkowski e, por segundo día, as andainas Sinsal SON Estrella Galicia volveron a cubrir prazas coas persoas interesadas en coñecer máis da illa.