As Sesións San Simón, realizadas por Aleks Kolkoswki, contan coa participación activa das bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival. Consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. 

 

As sesións, que este ano se desenvolverán nun único espazo -a cafetería da illa- durante de toda a fin de semana, son abertas para o público asistente. As persoas que se acheguen poderán gozar dun feito cultural único co que viaxarán, a través do son e durante uns instantes, cen anos atrás. Algunhas das gravacións realizadas nas pasadas edicións pódense escoitar e visualizar en www.sinsalaudio.es.