Sesións San Simón

As Sesións San Simón son un paseo pola memoria sonora de fai cen anos. Poucos sitios como a illa de San Simón inspiran tanto esta viaxe no tempo a través da percepción acústica. 

Somos unha prolongación da tecnoloxía porque pensamos, sentimos e evolucionamos con ela. A gravación pre-electrónica sobre cilindro pode parecernos arcaica, cos seus sucos en espiral de fendedura sonoras gravadas acusticamente sobre unha substancia de cera, sen nengún tipo de amplificación electrónica, mais pode ofrecernos hoxe en día unha nova experiencia de escoita: o proceso de gravación acústica capta a esencia, a personalidade e o detalle suficiente para poder apreciar os sons reproducidos e a música.


Aleksander Kolkowski é un compositor, violinista e investigador que utiliza a gravación de son histórico e aparatos de reprodución e medios obsoletos para facer música mecanoacústica contemporánea. Na illa de San Simón, da súa man, gravamos as Sesións San Simón.