Activities
- Friday, July 25th
- Saturday, Friday 26th
-
Sunday, Friday 27th
TIME LOCATION Todo o día Varias localizacións Roteiro Descubre San Simón Todo o día Varias localizacións Exposición A Escola Sinsal Varios Cafetaría Sesións San Simón 12:15-13:35h Praza San Simón Audicións Malmequeres 17:30-18:30h Pto de encontro: Enfermaría Andaina con Amarturmar 14:15-15:00h Cafetaría Rumbantela 17:30 e 18:30h Cafetaría Caderno de bitácora -
Roteiro Descubre San Simón
Roteiro Descubre San Simón
Varias localizacións | Todo o díaO roteiro Descubre San Simón é un itinerario independente ideado polo festival para que coñezas a memoria da illa mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. A través dun código QR, obterás información en galego, español e inglés das sete estacións: A roca de San Simón, Proxecto Trobadores, A avenida de Teruel, A paisaxe de Alejo Yáñez Andrade, O aeroporto marítimo de San Simón, A conexión de San SImón e o Pórtico da Gloria e a nova estación dedicada á memoria do compositor Reveriano Soutullo e do seu cuñado, Diego San José, preso en San Simón.
-
Exposición A Escola Sinsal
Exposición A Escola Sinsal
Varias localizacións | Todo o díaA Escola Sinsal presenta unha exposición de cómic que recompila e divulga a historia do son e da música gravada en Galicia a través de 16 personalidades do país que tiveron relación coa mesma, e que abrangue desde o século XVII até o século XX.
-
Sesións San Simón
Sesións San Simón
Cafetaría | VariosAs Sesións San Simón son gravacións en cilindro fonográfico realizadas polo experto Aleks Kolkowski. Nelas participan de xeito activo as bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival, e consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. As sesións son abertas para o público asistente.
-
Audicións Malmequeres
Audicións Malmequeres
Praza San Simón | 12:15-13:35hAudicións Malmequeres presenta "En el calor de la noche, programa de Radio Minuto entre 1988 e 1990". Con Isabel Díaz e Pedro Blázquez, dous xornalistas históricos da cultura de clubs e da música electrónica que contaron numerosos programas especializados en RNE ou Cadena SER.
-
Andaina con Amarturmar
Andaina con Amarturmar
Pto de encontro: Enfermaría | 17:30-18:30hPaseo con Amarturmar, a asociación cultural de mulleres e homes do mar de Cesantes, para botar unha ollada á enseada de San Simón desde a experiencia cotiá das mariscadoras e pescadores da parroquia. Coñeceremos a diversidade mariñeira do lugar, mais tamén a súa actividade económica, o papel da economía circular e, sobre todo, como o cambio climático está a transformar os recursos naturais da zona.
Inscrición gratuíta no Punto de Información.
Saída ás 17:30h desde Enfermería -
Rumbantela
Rumbantela
Cafetaría | 14:15-15:00hUnha formación dun cuarteto de saxofóns da Orquesta Clásica de Vigo revisará estilos musicais que fixeron bailar as xeracións de galegas e galegos da primeira metade do século pasado. Haberá pezas orixinais, grandes éxitos do momento, xoias preservadas dun arquivo persoal e tamén a memoria da banda de música de Sande (Ourense).
-
Caderno de bitácora
Caderno de bitácora
Cafetaría | 17:30 e 18:30hCaderno de bitácora é un obradoiro creativo, para todas as idades, que pretende favorece a exploración de linguaxes artísticas. O taller propón a creación dun libro obxecto -a partir das vivencias de cada participante- no que poder rexistrar diferentes diálogos e experiencias estéticas a partir do valor paisaxístico, patrimonial e histórico de San Simón. Inscrición gratuíta no Punto de Información.
-