Activities
-
Friday, July 25th
TIME LOCATION Todo o día Varias localizacións Roteiro Descubre San Simón Todo o día Varias localizacións Exposición A Escola Sinsal Varios Cafetaría Sesións San Simón 12:40-14:10h Praza San Simón Audicións Malmequeres 14:15-15:05h Cafetaría Canto de emigración 17:30 e 18:30h Cafetaría Caderno de bitácora -
Roteiro Descubre San Simón
Roteiro Descubre San Simón
Varias localizacións | Todo o díaO roteiro Descubre San Simón é un itinerario independente ideado polo festival para que coñezas a memoria da illa mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. A través dun código QR, obterás información en galego, español e inglés das sete estacións: A roca de San Simón, Proxecto Trobadores, A avenida de Teruel, A paisaxe de Alejo Yáñez Andrade, O aeroporto marítimo de San Simón, A conexión de San SImón e o Pórtico da Gloria e a nova estación dedicada á memoria do compositor Reveriano Soutullo e do seu cuñado, Diego San José, preso en San Simón.
-
Exposición A Escola Sinsal
Exposición A Escola Sinsal
Varias localizacións | Todo o díaA Escola Sinsal presenta unha exposición de cómic que recompila e divulga a historia do son e da música gravada en Galicia a través de 16 personalidades do país que tiveron relación coa mesma, e que abrangue desde o século XVII até o século XX.
-
Sesións San Simón
Sesións San Simón
Cafetaría | VariosAs Sesións San Simón son gravacións en cilindro fonográfico realizadas polo experto Aleks Kolkowski. Nelas participan de xeito activo as bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival, e consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. As sesións son abertas para o público asistente.
-
Audicións Malmequeres
Audicións Malmequeres
Praza San Simón | 12:40-14:10hAudicións Malmequeres presenta "La trastienda del Fanzine Escupe. Música para cerebros inquietos", unha sesión na que Chus Taboada e Eva Izquierdo (da banda punk rock Voces de Ultratumba) revisarán o seu arquivo dos anos oitenta.
-
Canto de emigración
Canto de emigración
Cafetaría | 14:15-15:05hA Orquesta Clásica de Vigo, a través dun sexteto de café, evocará desde a cafetería de San Simón un insólito filme galego de vangarda: Canto de emigración, unha peza rodada no 1935 polo ourensán Tony Román, da que unicamente se conservan vestixios que axudan a visualizar a película, e a partitura que o tudense Teódulo R. Páramos compuxo para acompañar as imaxes.
-
Caderno de bitácora
Caderno de bitácora
Cafetaría | 17:30 e 18:30hCaderno de bitácora é un obradoiro creativo, para todas as idades, que pretende favorece a exploración de linguaxes artísticas. O taller propón a creación dun libro obxecto -a partir das vivencias de cada participante- no que poder rexistrar diferentes diálogos e experiencias estéticas a partir do valor paisaxístico, patrimonial e histórico de San Simón. Inscrición gratuíta no Punto de Información.
-
- Saturday, Friday 26th
- Sunday, Friday 27th