Novas

Que é

Sinsal Son Estrella Galicia é un dos festivais máis singulares de Europa. Ten lugar nunha illa, a de San Simón (Redondela), situada na espectacular Ría de Vigo, desenvólvese durante o día e o público só pode acceder ao festival nos barcos fletados pola organización. O prezo da viaxe en barco está incluído no prezo da entrada. A viaxe á illa é o punto de partida dunha experiencia única. A outra circunstancia que fai de Sinsal Son Estrella Galicia un novo modelo de festival é o cartel secreto. Liches ben, si. O público non coñece o nome dos artistas até que entra na illa. Un cartel con referencias de diferentes puntos do planeta, coa calidade e capacidade de sorprender que caracterizan a Sinsal, que unicamente 800 persoas poden gozar cada día.

O Cartel

O cartel do Festival Sinsal Son Estrella Galicia é secreto. O público non coñece que grupos vai ver até que desembarca na Illa de San Simón (Redondela). Desde a primeira edición en 2003, o principal compromiso de Sinsal foi programar a artistas que inician a súa carreira musical ou demostraran unha grande conexión coa creación contemporánea. Algúns destes nomes, poucos anos despois, aterraron nos grandes festivais e salas de concertos de todo o mundo. A traxectoria da promotora Sinsal, a singularidade do evento e o espazo natural no que se desenvolve son un selo de calidade.

O groso da programación componse de artistas que xiran por outros festivais prestixiosos en España e Portugal: desde o Jazz á World Music, do Rock á Música Electrónica, Sinsal Son Estrella Galicia é un festival sen complexos. Por esa razón propón ao público un cartel secreto, unha experiencia musical máis alá de nomes concretos.

Como chegar

A única maneira de chegar ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia na Illa de San Simón (Redondela) é nos barcos fletados pola propia organización. O prezo do barco está incluído xa na entrada ao festival.

En 2016 contamos con dous puntos de embarque: a Estación Marítima de Vigo e o Museo de Meirande (Redondela). Á hora de mercar o bono ou entrada do Sinsal Son Estrella Galicia 2016 poderás escoller o porto de saída. A viaxe desde Vigo á Illa de San Simón ten unha duración de 50 minutos e desde Meirande 25 minutos.

Escolle a mellor opción en función do teu punto de partida e do teu medio de transporte. Meirande conta cunha ampla zona de aparcadoiro gratuíto.

O Festival Sinsal Son Estrella Galicia ten acordos con Iberia e Renfe, que ofrecen descontos nos traxectos se ves ao festival.

A Estación Marítima de Vigo (Rúa Cánovas del Castillo, 3) atópase no centro da cidade. Non ten perda, de alí parten os barcos para Cangas, Moaña e Illas Cíes.

O Museo de Meirande (Redondela) está localizado no Estreito de Rande, antigua Fábrica do Alemán, a 10 quilómetros de Vigo. A continuación explicámosche como chegar:

Como chegar a Meirande:

a) Pola AP9 desde Pontevedra:
1) Cruzar a Ponte de Rande. 2) Tomar a saída 151 da AP9 (Teis-Chapela) dirección N-552. 3) Tomar a N-552 dirección Redondela. 4) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 5) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

b) Desde Vigo:
1) Tomar a N-552 dirección Chapela-Redondela. 2) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 3) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

c) Desde Redondela:
1) Pasar Redondela e tomar a N-552 dirección Chapela-Vigo. 2) 500 metros antes da rotonda de Rande (Ponte de Rande), desviarse á dereita desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

Transporte

Vas viaxar en tren ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia? Descarga aquí o teu bono e obtén un desconto dun 35% no teu desprazamento.

Vas viaxar en avión ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia? Iberia ofréceche un desconto dun 10% por ser público do festival. Introduce na túa compra online antes de pagar o código promo SINSAL.

Aloxamento

Nos seguintes establecementos hoteleiros terás desconto por ser público Sinsal:

Hotel AC Palacio Universal Vigo.

Desde 100 euros habitación dobre e almorzo.  Reserva no mail puniversal@ac-hoteles.com poñendo no asunto: Festival SinsalSonEG ou chamando ao télefono +34 986 449 250.

Hotel Bahía de Vigo. 

Desde 60 euros habitación dobre e almorzo. Podedes reservar no correo reservas@hotelbahiadevigo.es ou no teléfono 986 226 700.

Hotel del Mar. 

Desde 43 euros habitación dobre. Podedes reservar no teléfono 986 43 68 11 indicando que sodes público do festival.

Hotel Vigo Plaza. 

Desde 40 euros habitación dobre. Reserva na web do hotel e introduce o código promocional Sinsal16.

Camping Cesantes (Redondela).

Traslado directo ao festival en lancha desde Cesantes (tempo aproximado: 5 minutos). Cupo limitado. Consulta na súa páxina de Facebook e reserva no teléfono 656 323 657.

Servizos

No Festival Sinsal Son Estrella Galicia atoparedes unha ampla e deliciosa oferta gastronómica. Hai comida vexetariana e a oferta inclúe tamén opcións veganas e alternativas para persoas celíacas. Na semana previa ao festival publicaremos todos os menús e os diferentes prezos.

Se prefires, podes levar á illa a túa comida e bebida sen alcool. Tal e como se fai noutras illas protexidas –Ons ou Cíes– solicitamos a colaboración do público que visite San Simón con comida e recipientes de plástico, recollendo e depositando os desperdicios correspondentes nos contedores de cada porto.

Na illa atoparás bares nos que poder tomarte unha cervexa Estrella Galicia, refrescos sen alcohol e deliciosos coctails.

A oficina do festival conta cun servizo de obxectos perdidos.

Se tes mobilidade reducida, non deixes de vir ao festival. Tanto nos barcos como na illa estamos preparados para recibirte.

Actividades

Ademais do programa de concertos que se desenvolve durante os tres días, o Festival Sinsal Son Estrella Galicia propon outras actividades ao público aproveitando a experiencia diurna nun espazo único.

En anteriores edicións as propostas paralelas do festival incluíron charlas e encontros, mostras de proxectos tecnolóxicos, obradoiros de videoclip e DJ, paseos en kayak, xogos populares para os máis pequenos, etc, así como algunas actividades que viñeron da man dos nosos patrocinadores (cata de cervexas, sorteo zapatillas deportivas).

Estamos traballando nunha proposta de actividades que redondee a vosa experiencia no festival e da que vos iremos informando a medida que se acheguen as datas do festival.

Edicións anteriores

Sen Senra / Michael Rother / Maika Makowski / Jolie Holland / Champs / All We Are / Owen Pallet / The Paradise Bangkok Molam International Band / Deerhoof / Astro / Chancha Vía Circuito / Sumrrá / THEESatisfaction / Camila Moreno

Throwing Shade / Xenia Rubinos / Oso Leone / Jagwa Music / Frikstailers / Bel Bee Bee / Jambinai / Chelsea Wolfe / Ginger & The Ghost / Jacco Gardner / Blam De Lam / Wire / Mdou Moctar / Why Go / Apenino / Caspervek / Trilitrate

Caxade / Triángulo de Amor Bizarro / Germán Díaz / Le Parody / Gravenhurst / Baden Baden / Stealing Sheep / Denis Jones / Lucía Riveiros / Rafa Yebra / Miniaturas de Granell

Hoquets / L´Enfance Rouge / Al-Madar / Maïa Vidal / Alela Diane / Christian Kjellvander / Aries / Nite Jewel / Unicornibot / Alt-J / Shangaan Electro

Bflecha / 2uS / Mwëslee / Jane Joyd / Wooden Wand / Buke and Gass / Múrmel Bruxas / The Marzipan Man / The Kellies / Fat 32 / Laetitia Velma / Secret Chiefs

O espazo

A principal estrela do Festival Sinsal Son Estrella Galicia é a Illa de San Simón (Redondela). O arquipélago foi utilizado ao longo de toda a súa historia como mosteiro, lazareto, campo de concentración na Guerra Civil e residencia militar. Hoxe, San Simón é un espazo público para o desenvolvemento cultural de Galicia, nun enclave recuperado de grande valor patrimonial e ambiental. En 1999 foi declarado Ben de Interese Cultural polo goberno galego e a illa e a súa enseada forman parte da Rede Natura 2000 como hábitat natural europeo protexido.

É importante que o que hoxe podemos desfrutar nós, poda continuar no futuro. Por este e outros motivos, Sinsal Son Estrella Galicia afástase da idea de festival multitudinario, ofrecendo unha serie de actividades nun espazo natural onde o público e o seu benestar son un piar central do proxecto. En cada edición, coidamos e desenvolvemos novas medidas de protección para limitar e reducir o impacto do festival na illa.

As Rías Baixas

As Rías Baixas compoñen unha xoia paisaxística e gastrónómica de primeira orde, con algunas das mellores praias de Europa. Son o primeiro destino turístico en Galicia e abranguen desde o Monte Louro en Muros (A Coruña) até a desembocadura do río Miño.

Fantásticas praias, illas atlánticas, paisaxes con historia, cidades nas que disfrutar da actividade cultural e da noite, vilas mariñeiras e gastronomía única regada cun viño propio destas terras.

Se ves ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia na Illa de San Simón (Redondela) tes unha oportunidade única para explorar as Rías Baixas. Recomendámosche que visites a web de Turismo Rías Baixas na que se ofrecen diferentes experiencias e rutas así como información útil sobre transportes, aloxamento e promocións.

Patrocinadores

Nesta nova edición, a sexta xa na illa de San Simón e a décimo cuarta do Festival Sinsal, a organización conta co apoio renovado de Son Estrella Galicia e New Balance, marcas que un ano máis confían no evento promovido por Sinsalaudio e coas que o festival estableceu unha extraordinaria relación de complicidade. Ademais, o Festival Sinsal Son Estrella Galicia conta tamén co importante apoio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura, do concello de Redondela e de Turismo Rías Baixas.

ORGANIZA


PATROCINADORES PRINCIPAIS


PATROCINADORES INSTITUCIONAIS


COLABORADORES


MEDIOS


APOIO ESPECIAL

PATROCINADORES TECNOLÓXICOS


ENTRADAS

Venres 22 de xullo: de 18.00h a 22:00h | 5 concertos. 30 euros. A partir do 18 de xullo, 35 euros. ESGOTADO
Sábado 23 de xullo: de 13:00h a 22:00h | 8 concertos e actividades para público infantil. 45 euros. A partir do 18 de xullo, 50 euros. ESGOTADO
Domingo 24 de xullo: de 13:00 a 22:00h | 8 concertos, 2 deles do cartel do sábado, e actividades para público infantil. 45 euros. A partir do 18 de xullo, 50 euros. ESGOTADO

Pack #SinsalSonEG Goleta. Sábado 23 de xullo (só). Saída e retorno en goleta desde a Estación Martítima de Vigo (ao final do pantalán 4) ás 11:30. Capacidade máxima: 40 persoas. Inclúe: entrada, navegación a bordo dunha goleta até a Illa de San Simón ida e volta, sesión DJ na volta, degustación a bordo ida e volta e dereito a 2 consumicións ida e volta. 75 euros ESGOTADO

Pack #SinsalSonEG Bañista. 15 euros anticipada en ticketea, 18 na illa. Dirixida ao público que o sábado 23, quera gozar dun paseo pola enseada de San Simón. Unha travesía en goleta de 60 minutos entre bateas, consumición, degustación e chapuzón. Saídas da a Illa o sábado 23. Haberá dúas saídas, ás 15:45 e 17:00. Capacidade máxima por viaxe: 40 persoas.

Entrada de día menores 16 anos (incluídos): 7 euros. A partir de 18  de xullo, 9 euros. Cupo limitado.

*Gastos de distribución non incluídos. IVE incluído no prezo da entrada. O transporte en barco até a Illa de San Simón está incluído no prezo da entrada.

Consulta os horarios dos barcos aquí

Abonos

Abono 3 días. 90 euros os 100 primeiros. Despois, 100 euros. ESGOTADO

Abono 3 días menores 16 anos (incluídos) 20 euros. Cupo limitado. ESGOTADO

Abono venres 22 + sábado 23: 55 euros. Despois, 65 euros. ESGOTADO

Abono venres 22 + domingo 24: 55 euros. Despois, 65 euros. ESGOTADO

Abono 2 días menores 16 anos (incluídos) 14 euros. Cupo limitado. ESGOTADO

*Gastos de distribución non incluídos. IVE incluído. O transporte en barco até a Illa de San Simón está incluído no prezo do abono. A promo dos bonos de dous días atinxe aos 100 primeiros bonos.

Barcos

HORARIOS PARA ABONOS DE 3 E 2 DÍAS

Museo de Meirande (Redondela)
Venres 22 xullo: saída 16:30, retorno 22:45
Sábado 23 xullo: saída 11:30, retorno 22:45
Domingo 24 xullo: saída 11:30, retorno 22:00

Vigo (Estación Marítima)
Venres 22 xullo: saída 16:15, retorno 22:45
Sábado 23 xullo: saída 11:15, retorno 22:45
Domingo 24 xullo: saída 11:30, retorno 22:10

*O domingo 24 habilitarase un barco de retorno a Meirande ás 20:30 para aquelas persoas que precisen volver antes da hora de remate do festival. Cupo limitado.

HORARIOS PARA ENTRADAS DIARIAS

Saída Museo de Meirande (Redondela)
Venres 22 16:30 / 17:15
Sábado 23 11:30 / 12:15
Domingo 24 11:30 / 12:15

Retorno Museo de Meirande (Redondela)*
Venres 22 22:00 / 22:45
Sábado 23 22:00 / 22:45
Domingo 24 22:00 / 22:45

Saída Vigo (Estación Marítima)
Venres 22 16:15
Sábado 23 11:15
Domingo 24 11:30

Retorno Vigo (Estación Marítima)
Venres 22 22:45
Sábado 23 22:45
Domingo 24 22.10 / 22:45

*O domingo 24 habilitarase un barco de retorno a Meirande ás 20:30 para aquelas persoas que precisen volver antes da hora de remate do festival. Cupo limitado.

Camping

ENTRADA COMBINADA BONO+CAMPING

Bono 3 días + Camping 3 noites
Traslado directo ao festival en lancha desde a praia de Cesantes. 120 euros + gastos xestión
ESGOTADO

Bono venres 22 + sábado 23 + Camping 2 noites
Traslado directo ao festival en lancha desde a praia de Cesantes. 70 euros + gastos xestión
ESGOTADO

Bono venres 22 + domingo 24 + Camping 2 noites
Traslado directo ao festival en lancha desde la praia de Cesantes. 70 euros + gastos xestión
ESGOTADO

Bono 3 días + Camping 3 noites menores 16 anos
Traslado directo ao festival en lancha desde a praia de Cesantes. 40 euros + gastos xestión
ESGOTADO

Bono venres 22 + sábado 23 + Camping 2 noites menores 16 anos
Traslado directo ao festival en lancha desde a praia de Cesantes. 20 euros + gastos xestión
ESGOTADO

Bono venres 22 + domingo 24 + Camping 2 noites menores 16 anos
Traslado directo ao festival en lancha desde a praia de Cesantes. 20 euros + gastos xestión
ESGOTADO

Os horarios da embarcación do bono camping son:

Venres 22 xullo: 17:00, 17:15, 17:30 (hora de volta da illa de San Simón ao camping 22:45h)
Sábado 23 e domingo 24 xullo: 12:00, 12:15, 12:30 (hora de volta da Illa de San Simón ao camping 22:45h)

Prégase chegar ao camping con tempo para facer o check-in, recollida de pulseiras e instrucións para o embarque.

FAQs

Sobre transporte e aloxamento

En 2016 contamos con dous puntos de embarque: a Estación Marítima de Vigo e o Museo de Meirande (Redondela). Á hora de mercar o bono ou entrada do Sinsal Son Estrella Galicia 2016 poderás escoller o porto de saída. A viaxe desde Vigo á Illa de San Simón ten unha duración de 1 hora e desde Meirande 25 minutos.

Escolle a mellor opción en función do teu lugar de orixe e dos teus medios de transporte.

A Estación Marítima de Vigo (Rúa Cánovas del Castillo, 3) atópase no centro da cidade. Non ten perda, de alí parten os barcos para Cangas, Moaña e Illas Cíes.

O Museo de Meirande (Redondela) está localizado no Estreito de Rande, antigua Fábrica do Alemán, a 10 quilómetros de Vigo. Este porto de saída está especialmente recomendado para todas aquelas persoas que vos despracedes en coche ao festival desde o norte de Vigo e Redondela. A continuación explicámosche como chegar:

a) Pola AP9 desde Pontevedra:

1) Cruzar a Ponte de Rande. 2) Tomar a saída 151 da AP9 (Teis-Chapela) dirección N-552. 3) Tomar a N-552 dirección Redondela. 4) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 5) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

b) Desde Vigo:

1) Tomar a N-552 dirección Chapela-Redondela. 2) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 3) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

c) Desde Redondela:

1) Pasar Redondela e tomar a N-552 dirección Chapela-Vigo. 2) 500 metros antes da rotonda de Rande (Ponte de Rande), desviarse á dereita desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

 

Si, a 200 metros do embarcadoiro, na explanada de contedores Vieirasa. Todo o percorrido, desde o desvío na N-552 cara o aparcadoiro estará sinalizado.

En 2016 habilitamos dous portos de embarque: Vigo e Meirande (Redondela) para reducir o uso particular dos automóbiles xa que boa parte do público vai partir de Vigo. Non hai ningún transporte da organización do festival a Meirande (Redondela); pero recordade que o festival ten descontos acordados con Renfe e Iberia así como un acordo cunha empresa de taxis que ofrece prezo pechado no traxecto entre Redondela e Vigo ao público Sinsal.

O festival ten acordos con varios hoteis e camping con desconto se sodes público do festival.

Sobre a viaxe en barco

Desde Vigo aproximadamente unha hora e desde Meirande (Redondela) ao redor de 25 minutos.

 

A organización non se responsabiliza da perda do barco por parte do público. A organización intentará colocar noutro barco a quen perda o seu turno de transporte, pero advertimos que se a seguintes viaxes están completas non podemos comprometernos a buscar unha praza xa que incumpriríamos a capacidade.

Non, a viaxe en barco a San Simón ten un horario de entrada e saída que debe ser cumprido por problemas de capacidade no barco de pasaxeiros.

O festival conta, só para casos de urxencia xustificada, cun barco á disposición do público. Calquera necesidade ao respeito será analizada pola organización.

Sobre o festival

Unha vez adquirida a entrada non será cambiada e non se devolverá o importe. A adquisición da mesma é en firme agás nos casos de cancelación ou cambio de data do evento. As entradas non son nominativas e o posuidor da mesma é o que ten o dereito a acceder ao evento.

Antes de decidir o barco e o horario nos que queredes saír para o Sinsal Son Estrella Galicia, pensádeo ben e lembrade que para a organización non é posible resituarvos noutro barco e horario que o que adquirirades.

Haberá servizo e oferta de comida e bebida en Sinsal Son Estrella Galicia. Teremos varias opcións que iremos anunciando cos seus respectivos prezos, entre elas para vexetarianos e veganos e para persoas con intolerancia ao glute.

En Sinsal Son Estrella Galicia, si está permitido levar comida e bebidas sen alcol.

Moi importante: por razóns de seguridade, a organización ten que rexistrar as mochilas e non estará permitido o acceso á illa con envases de vidro ou latas. Tampouco estarán permitidos garfos, coitelos e navallas de metal –si é posible acceder con servizos de plástico –. Polos mesmos motivos, debemos retirar os tapóns de botellas.

Segundo a lexislación vixente, debemos efectuar un rexistro de mochilas antes de entrar na illa. Para axilizar o acceso, solicitamos aos asistentes que teñan as súas mochilas accesibles e abertas. Grazas pola vosa colaboración!
Ademais, tal e como se fai noutras illas protexidas –Ons ou Cíes– solicitamos a colaboración do público que visite San Simón con comida e recipientes de plástico, recollendo e depositando os desperdicios correspondentes nos contedores de cada porto –Meirande e Vigo –.

Pódese fumar en Sinsal Son Estrella Galicia, pero só nas zonas sinaladas e facendo uso dos cinceiros portátiles. Non se vende tabaco na illa.

 

Podes vir cos teus fillos, claro. Sinsal Son Estrella Galicia é un evento ideal para pasar o día en familia. A organización do festival reserva un cupo de entradas cada día a prezo reducido para menores até 16 anos (incluídos). Lembra que as persoas menores de 16 anos precisan dunha autorización para entrar no festival. Podes descargarla na web do festival e na plataforma de venda de entradas.

Só está permitido tomar fotografías se son realizadas sen afán de lucro e sempre protexendo a intimidade e a privacidade do resto dos asistentes ao evento.

Por motivos de seguridade básicos, non permitimos o baño na illa xa que se trata dunha zona de rochas con mareas cambiantes. Por este motivo, tampouco permitimos o acceso en embarcacións que non sexan as oficiais.

Ao Sinsal Son Estrella Galicia é importante levar roupa cómoda e que permita estar fresco durante as horas de calor e máis abrigado a última hora, cando cae o sol. Moitos dos asistentes traen toallas ou esterillas para poder sentar e tumbarse no chan con máis comodidade. Tamén é importante protexerse do sol con gafas, sombreiros ou crema protectora.

Hai un punto de obxectos perdidos nas oficinas de administración. Podes escribirnos un e-mail a info@sinsalaudio.org co asunto: OBXECTO PERDIDO

Claro que é posible. Desde a viaxe en barco até a mobilidade polo festival, a organización atenderá puntualmente os casos. É moi importante poñerse en contacto con nós no e-mail info@sinsalaudio.org co asunto "PÚBLICO MOBILIDADE REDUCIDA".

Sinsal Son Estrella Galicia é un evento con aforo limitado e os concertos poden ser desfrutados con comodidade. Hai baños específicos para público con mobilidade reducida e pódese acceder a todos os puntos da illa por camiños ou rampas. Algúns camiños son irregulares pero desde a organización facilitaremos os desprazamentos con persoal exclusivo.

Dirixirse ás nosas oficinas durante o festival e solicitar unha folla de reclamación.