Cada ano o festival brinda espazos de diálogo, charlas, mentoring, obradoiros e mostras de arte. En 2020, o martes 28 de xullo, en Isla Viva Galápagos Music Conference o Festival Sinsal participa na mesa sobre Festivais Verdes e Sustentabilidade. Unha mesa compartida con eventos de grandes dimensións como son o Vive Latino, Lollapalooza Chile e Bahidorá (México). 

Toda a programación de Isla Viva Galápagos Music Conference AQUÍ
 A mesa sobre festivais verdes, programada para as 18:30 hora chilena, poderá seguirse aquí a partir da unha da madrugada. Se non vos importa trasnoitar podedes inscribirvos gratis na páxina de Isla Viva Galápagos. 

Por outra parte, o mércores 29 de xullo o Festival Sinsal SON Estrella Galicia preséntase en Canadá. Faino na Global Toronto Conference 2020 (GT20), máis que unha feira, un punto de encontro ao redor da industria musical, cunha edición centrada nos efectos da pandemia cun enfoque construtivo e optimista sobre o sector. O evento, que nacía en 2018, co obxectivo específico de apoiar a creatividade musical local e coa diversidade cultural como liña central, conta este ano no seu programa con representacións de todo o planeta. Entre os festivais e eventos singulares que seleccionaron, o Festival Sinsal preséntase o mércores 29 de xullo ás 9.30 hora local, 15:30 hora española. 

Toda a programación pode seguirse online AQUÍ