Programme
- Friday, July 25th
- Saturday, July 26
-
Sunday, July 27th
TIME LOCATION Download PDF 13:40h Malmequeres Pedro Blázquez DJ (Barcelona) 13:40h SON Estrella Galicia Rocío Guzmán (España) 14:45h Santo Antón Rock’n’Roll BITOI (Suecia) 15:45h Buxos FEST Galicia Arsenal Mikebe (Uganda) 16:45h SON Estrella Galicia Dog Race (Reino Unido) 17:50h Buxos FEST Galicia Fin del Mundo (Arxentina) 18:55h SON Estrella Galicia UCHE YARA (Austria) 20:00h Buxos FEST Galicia Asmâa Hamzaoui & Bnat Timbouktou (Marrocos) 20:50h Malmequeres Pedro Blázquez DJ -
Pedro Blázquez DJ (Barcelona)
Pedro Blázquez DJ (Barcelona)
Malmequeres | 13:40hPedro Blázquez leva máis de 40 anos como DJ e presentador en medios como Radio Minuto, Cadena SER ou RNE. Coñecido por programas emblemáticos como "En el calor de la noche", "Radiofreqüències" ou "Aún no me he repuesto de la última noche que pasé contigo" picou en clubs icónicos e festivais como Sónar ou Monegros.
-
Rocío Guzmán (España)
Rocío Guzmán (España)
SON Estrella Galicia | 13:40h
ESTREA EN GALICIA
A música gravada por esta artista transgresora non fai xustiza á súa proposta en directo, onde a voz e o son cobran todo o sentido. Rocío Guzmán, cantante e performer, fusiona a tradición andaluza e a electrónica contemporánea. Algúns pensarán que a música tradicional nunca entenderá este compromiso, pero Rocío compensa esta aposta con mestría grazas á súa afectividade polas máquinas, das que sabe arrincar todo o sentimento. Non toca o computador: toca o "duende".
-
BITOI (Suecia)
BITOI (Suecia)
Santo Antón Rock’n’Roll | 14:45h
ESTREA EN ESPAÑA
Cuarteto formado polo sueco-etíope Cassius Lambert ao baixo eléctrico e tres vocalistas excepcionais: Alexandra Shabo, Lise Kroner e Anja Tietze Lahrmann. A súa proposta musical apóiase na tradición oral e na pronuncia fonética dos sons das aves –idioma aviario–. Asubíos, tambores de cordas vocais e onomatopeias de vento sucédense nunha paisaxe sonora que a prensa especializada define como “a purificación da alma”. Outra viaxe no escenario de Santo Antón. -
Arsenal Mikebe (Uganda)
Arsenal Mikebe (Uganda)
Buxos FEST Galicia | 15:45hESTREA EN ESPAÑA
Arsenal Mikebe é un innovador conxunto de percusión ugandés, asociado ao axitador colectivo Nyege Nyege, con sede en Kampala. No corazón da súa identidade sonora atópase un sistema de percusión de aceiro –feito a medida–, concibido polo escultor ugandés Henry Segamwenge e inspirado no funcionamento interno damáquina Roland TR-808. Tocado cunha xenerosa despregadura física, o instrumento convértese nunha caixa de ritmos vivente: unha escultura cinética que canaliza ondas de forzampolirrítmica e resonancia metálica.
-
Dog Race (Reino Unido)
Dog Race (Reino Unido)
SON Estrella Galicia | 16:45h
ESTREA EN ESPAÑA
A nova escena musical no Reino Unido é unha reivindicación da época dourada que arrincou fai agora medio século (1975). Escoitando a música de Dog Race é inevitable botar unha ollada cara atrás e lembrar o afterpunk, os grupos sinistros e os sons góticos que desde entón non pararon de influír en tantas xeracións. Nun presente de impacto social inmediato, este quinteto londiniense preferiu tomar as cousas con calma. Unhas poucas cancións en cinco anos mais, ollo, porque teñen o talento da súa parte. Un don para compoñer hits e, quen sabe, un éxito internacional? -
Fin del Mundo (Arxentina)
Fin del Mundo (Arxentina)
Buxos FEST Galicia | 17:50hESTREA EN GALICIA
Fin del Mundo é unha banda arxentina formada no ano 2019 por catro novísimas artistas. En setembro de 2022 gravaron unha sesión coa radio KEXP de Seattle que acumula máis de 1,6 millóns de reproducións e, desde entón, sucédense as xiras por Europa e América onde van sumando seguidores. O secreto da súa proposta está en cativar a atención de diferentes públicos que, a pesar das etiquetas de moda, nunca deixaron de lado a nostalxia polos sons clásicos do pop independente.
-
UCHE YARA (Austria)
UCHE YARA (Austria)
SON Estrella Galicia | 18:55h
ESTREA EN ESPAÑA
Esta moza austríaca de orixe nixeriana só necesitou uns poucos temas para recibir o premio Music Moves Europe Awards 2025 á artista revelación da música europea ou ser a banda de apertura dos Rolling Stones. Con influencias que abraguen desde Terra Whack, James Blake ou Tyler, the Creator, a súa proposta non sabe de estilos e desde o pop até os ritmos urbanos contemporáneos acadan un talento difícil de explicar con esta idade. A súa canción www she hot vendería millóns de discos en calquera outra época. -
Asmâa Hamzaoui & Bnat Timbouktou (Marrocos)
Asmâa Hamzaoui & Bnat Timbouktou (Marrocos)
Buxos FEST Galicia | 20:00hESTREA EN GALICIA
E para a despedida de San Simón propoñémosvos unha viaxe moi especial polas dunas e as haymas do deserto. Un ritual de baile en comunidade dirixido por Asmâa Hamzaoui e Bnat Timbouktou, unha formación marroquí de música gnawa composta integramente por mulleres. Asmâa Hamzaoui toca o guembri, un instrumento de corda –similar a un baixo– reservado aos homes que guiaban este tipo de cerimonias. Na súa orixe, estas celebracións estaban destinadas á sanación e á recreación das irmandades descendentes dos antigos poboadores africanos escravizados polos occidentais.
-
Pedro Blázquez DJ
Pedro Blázquez DJ
Malmequeres | 20:50hPedro Blázquez leva máis de 40 anos como DJ e presentador en medios como Radio Minuto, Cadena SER ou RNE. Coñecido por programas emblemáticos como "En el calor de la noche", "Radiofreqüències" ou "Aún no me he repuesto de la última noche que pasé contigo" picou en clubs icónicos e festivais como Sónar ou Monegros.
-