Escenario Océano x FEST Galicia

Sinsal SON Estrella Galicia 2023 bota o pano cunha xornada dedicada ao océano. O martes 29 de agosto, ás 19:00 horas, o Mosteiro de Oia acollerá a presentación do Escenario Océano x FEST Galicia, espazo no que resoarán os ecos do vivido hai un mes na illa de San Simón.

Entradas esgotadas. Grazas!



A xornada de presentación do Escenario Océano x FEST Galicia no Mosteiro de Oia inclúe o Concerto das Donas, no que o ensemble percorrerá a pegada feminina na historia da música clásica a través das composicións de autoras do Renacemento e do Barroco. Ademais, desde as 19:00 horas haberá actividades paralelas de descubrimento e interacción co patrimonio histórico, cultural e natural, como son unha visita guiada ao propio mosteiro ou mesmo unha experiencia inmersiva 360º ao mundo submarino da ría de Vigo grazas á realidade virtual. As entradas xa están esgotadas. 


Horarios Escenario Océano x FEST Galicia
19:00-20:00 horas | Experiencia inmersiva 360º: unha introdución ao mundo submarino da Ría de Vigo
19:15-20:00 horas | Visita guiada ao Mosteiro de Oia (con 3 paradas)
20:05 horas | Concerto Das Donas
21:00 horas | Fin da actividade

 

A primeira parte da xornada (19:00 horas) será unha actividade divulgativa que o público poderá escoller á hora de seleccionar a súa entrada. 

  • Unha visita guiada ao propio Mosteiro de Oia, duns 45 minutos, nos que se farán tres paradas (Praza de armas, Claustro e Patio das Laranxeiras) e contará cun número limitado de prazas (75).
  • Unha experiencia inmersiva 360º, unha introdución ao mundo submarino da ría de Vigo dun xeito novidoso, accesible e minimamente intrusivo, grazas ás novas tecnoloxías. Esta actividade desenvolverase en dous momentos. Dunha parte, estará a posibilidade de visualizar unha peza audiovisual que se proxectará dos fondos mariños da ría, na que se recollerá a súa riqueza e características. Da outra, haberá á disposicion do público lentes de realidade virtual para que se poidan somerxer en augas da ría viguesa a través de imaxes 360º. Serán experiencias individuais, de tres en tres persoas, que estarán acompañadas coa interpretación das imaxes que se están a ver. A realización desta experiencia será por orde de chegada e outorgarase un número ou quenda para participar da iniciativa. 
     

A segunda parte da xornada (20:00 horas) será o Concerto Das Donas: A pegada feminina na historia da música, actuación que ofrecerá a agrupación conformada por Pilar Moráguez (soprano), Marta López (cravo), Elena Vázquez (violín barroco) e María José Pámpano (violín barroco e dirección artística). O ensemble presentará un repertorio de música instrumental formado, de forma exclusiva, pola obra de destacadas compositoras do século XVII e XVIII, como Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Bárbara Stroozi ou Élisabeth Jacquet de La Guerre.