Información

Sinsal Primavera 2023 desenvolverase na fin de semana do 19 e 20 de maio. A programación está conformada por cinco proxectos de vangarda, de e liderados por mulleres, chegadas de distintos puntos da Península Ibérica (España, Portugal), Turquía e Suiza




  • Sinsalaudio

    Sinsalaudio é unha promotora musical e unha produtora de eventos culturais: ás veces somos escola e sempre alumnos ávidos de aprender e experimentar.
  • Apoios

    Sinsal Primavera 2023 conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, ademais do apoio do MARCO, do Instituto Camões e da Sala Radar.
  • Localización

    Sinsal Primavera propón visualizar propostas singulares e únicas, de difícil clasificación. O ciclo de concertos terá lugar,  fundamentalmente, nun dos recintos culturais máis singulares de Vigo, o MARCO, mais tamén chegará á Sala Radar.
  • A proposta

    Concertos intrinsecamente vinculados á experimentación sonora, á vangarda e á creación contemporánea nas súas múltiples expresións, con grupos de mulleres chegados da Península Ibérica (España, Portugal), Turquía e Suiza.