General conditions

General terms and conditions

1. ENTRADA

1.1. A natureza xurídica da entrada é a de título valor, conforme ao disposto na lexislación vixente.

1.2. Unha vez adquirida a entrada non será cambiada nin será devolto o seu importe sendo a adquisición da mesma en firme, salvo nos casos de cancelación ou cambio de data do Festival. 

1.3. Existen diferentes tipos de entradas con dereito a transporte:

I) Abono Sinsal: Outorga dereito ao acceso á Illa durante tres días, concretamente, os días 21, 22 e 23 de xullo de 2023. 
II) Abono Sinsal menores 16 anos: Outorga dereito ao acceso á Illa  durante tres días, concretamente, os días 21, 22 e 23 de xullo de 2023. 
III) Entrada normal: Outorga dereito ao acceso á Illa durante un só día e exclusivamente para o día que conste na entrada. 
IV) Entrada menores ou igual a 16 anos: outorga dereito ao acceso á Illa durante un só día e exclusivamente para o día que conste na entrada

 1.4. A admisión, sen prexuízo do reflectido nestas condicións en canto ao dereito de admisión, queda supeditada ao feito de dispoñer da entrada completa en condicións adecuadas. A entrada dispón de diferentes medidas para asegurar a súa autenticidade. A Organización non se fai responsable das entradas que non se adquiriron no punto de venda oficial (Enterticket). Toda entrada emendada, ou con indicios de falsificación, autorizará ao organizador para privar ao seu portador do acceso á Isla, reservándose a Organización o dereito para emprender as medidas legais oportunas, contra calquera posuidor de entradas emendadas ou falsas. 

1.5. As entradas só poderán ser adquiridas a través do sitio Enterticket. A entrada deberase levar nun dispositivo móbil que permita a súa lectura para a autenticación por parte da organización. A Organización advirte expresamente que ditas entradas non poderán ser recollidas en ningún despacho de billetes. 

1.6. A Organización terá dereito a denegar o acceso ao recinto do portador da entrada en caso de detectar calquera anomalía na mesma. A detección de calquera uso fraudulento da ferramenta de impresión na casa será perseguida conforme á lexislación vixente, incluíndo responsabilidades de tipo penal. 

1.7. A posesión da entrada non dá dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a mesma, e o seu contido, con fins publicitarios, de márketing ou de promoción (incluídos, enunciativa pero non limitativamente, concursos, agasallos e/ou sorteos). O incumprimento deste punto obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectivo o pago dunha indemnización equivalente a mil veces o prezo da entrada de maior importe do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Así mesmo, a súa entrada quedará anulada con carácter inmediato.

 

2. TRANSPORTE

2.1 O  adquirente de entrada responsabilízase de confirmar no momento da compra o punto de embarque e horario elixido para o mesmo. A Organización queda exonerada de calquera responsabilidade pola perda do transporte no horario e punto de partida que conste na entrada. Calquera cambio e/ou modificación que se pretenda realizar do transporte conleva a perda do dereito a transporte e por tanto do dereito de acceso á Illa. 

2.2. O acceso á Illa está prohibido por calquera outro medio que non sexa o transporte habilitado pola organización. 

2.3. Será necesario presentarse no porto de embarque 30 minutos antes da hora fixada para a saída do barco. Nese momento procederase á comprobación da entrada e embarque. 

2.4. Calquera incumprimento das presentes condicións facultará á Organización para denegar o acceso á Illa sen que iso xere dereito algún de reembolso ou compensación a favor do posuidor da entrada.

2.5 No momento da viaxe, será necesario cumprir a normativa sanitaria vixente no momento de celebración (por exemplo, se fose necesario levar máscara como medida de prevención da covid-19). 

 

3. DEREITO DE ADMISIÓN

3.1. Non se permitirá o acceso á illa con bebidas alcohólicas, pero si con bebidas sen alcol e sen tapón, así como con comida. 

3.2. Non está permitida a entrada de animais de compañía excepto os cans guía. 

3.3 Acceso de menores: 
i) Os menores ata os 16 anos deberán ir acompañados dunha persoa maior de idade e abonar o prezo da entrada que corresponda ao menor.  Deberán levar asinada a autorización correspondente que se pode descargar da plataforma Enterticket ou desta mesma páxina web
ii) Calquera menor atopado consumindo bebidas alcohólicas ou tabaco será posto ao dispor do adulto ao seu cargo, salvo que este non poida ou non queira facerse cargo do menor; en tal caso, o menor será expulsado do recinto prevista a súa posta ao dispor das autoridades competentes.

 

4. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E IMAXE

4.1. A Organización ostenta e é titular de todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual derivados, directa ou indirectamente, das presentacións artísticas ou calquera outras que desen lugar con motivo da celebración do Festival. Por tanto, queda terminantemente prohibida a captación, filmación ou gravación de imaxes ou sons sen a previa autorización escrita da Organización. 

4.2. O público asistente consente a súa aparición en imaxes tomadas por calquera medio para a súa posterior difusión promocional e/ou comercial do Festival.

 

5. RESERVA LEGAL

A Organización estará lexitimada para tomar as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes de cualquera intento de estafa, violación e /ou por danos causados á Organización, directa ou indirectamente.

 

6. SUSPENSIÓN, CANCELACIÓN OU ANULACIÓN DO ACTO

6.1. A Organización resérvase o dereito de alterar, modificar ou suspender o programa en calquera momento.

 6.2. En caso de cancelación total, a Organización realizará todas as xestións posibles para establecer as novas datas en que se celebrará o evento. 

6.3. No suposto en que procedese a devolución do importe da entrada pola razón que for, esta realizarase polo mesmo medio polo que foi adquirida. O custo de distribución que a canle de venda aplica ao prezo da entrada non será devolto en ningún caso pola Organización, dado que esta non é receptora do devandito importe e que a prestación deste servizo enténdese realizada no momento da compra da entrada. 

6.4. A cancelación, total ou parcial, por causas de forza maior en ningún caso darán lugar á devolución do importe da entrada. 

6.5. Os atrasos orixinados nos medios de transporte dispostos pola organización para acceder á illa por motivos técnicos, naturais ou intencionados non serán obxecto de devolución nin parcial nin total do importe da entrada. 

6.6. A organización resérvase o dereito para modificar os horarios dos concertos, así como a súa cancelación parcial sen que isto supoña a devolución do importe da entrada. 

 

7. PRESERVACIÓN DA ILLA 

Queda totalmente prohibido depositar residuos fóra dos contedores habilitados para este efecto. Para o consumo de bebidas achegarase un vaso, previa entrega dun depósito de 1 euro. Devandito importe será devolto no momento no que o usuario entregue o vaso no lugar onde o recolleu dentro do horario fixado pola organización.

 

8. ESTÁ PROHIBIDO

8.1. Non está permitido bañarse na costa das dúas Illas. 

8.2. Non se poden facer fogueiras ou levar cámping gas. 

8.3 Fumar fóra das áreas sinaladas pola Organización. 

8.4 Subir ás árbores ou alterar a vexetación da illa. 

8.5 Atentar, de calquera modo ou por calquera medio, contra o patrimonio mobiliario e inmobiliario da illa, incluídos a vexetación, pavimentos, obras artísticas, placas conmemorativas, e, en xeral, calquera elemento integrante do territorio conformado pola illas de San Simón e San Antón ou das súas edificacións, os accesos, a ponte que comunica ambas as illas, os  paramentos, muros e areais exteriores. 

Lémbrase ás persoas asistentes que as illas de San Simón e San Antón están declaradas Ben de Interese Cultural, coa categoría de Sitio Histórico, polo que calquera agresións son susceptibles de ser perseguidas conforme ás normas Dereito Penal ou Administrativo-sancionador que protexen este elemento do patrimonio histórico-artístico de Galicia.