Sostibilidade

Para Sinsalaudio, a sostibilidade tanto na súa organización, como nas distintas actividades e eventos que promove e produce, é unha prioridade. Se ademais nos centramos no Festival Sinsal SON Estrella Galicia, que se celebra na Illa de San Simón, a sostibilidade é vital.

Como un paso cara diante no noso compromiso por celebrar eventos sostibles, e para que este enfoque vaia espallándose a todas as personas e institucións implicadas no desenvolvemento dos nosos eventos, presentamos a nosa política de sostibilidade:

Para Sinsalaudio, un evento sostible é un evento:

Próximo, participativo, social, horizontal, aberto, educativo, respectuoso coas personas e co medio ambiente, e que vela pola conservación e promoción do patrimonio natural e cultural”.

Esta política, é unha declaración do noso compromiso por celebrar eventos sostibles e é, tamén, un recoñecemento do impacto negativo que teñen estas actividades e o noso compromiso de minimizalo.

Para iso, traballamos durante todo o ano na identificación de prácticas e accións máis sostibles, en como integralas nas nosas actividades e en buscar solucións innovadoras en todas aquelas áreas susceptibles de xerar algún impacto (residuos, mobilidade, consumo de auga e enerxía, compras e contratacións).

Ao mesmo tempo, esforzámonos para que este enfoque se vaia ampliando a todas as persoas e institucións implicadas no desenvolvemento dos nosos eventos e, desta maneira, todos xuntos, comprender, traballar e tratar de reducir o noso impacto, ademais de desenvolver un papel inspirador, que permita xerar oportunidades de cambio cara un comportamento máis positivo.

No noso compromiso de celebrar eventos sostibles centramos estes esforzos en:

  • Xestionar as relacións con equidade, responsabilidade social e transparencia
  • Reducir residuos e xestionar a súa eliminación de forma responsable
  • Minimizar as emisións de CO2
  • Promover un consumo de auga sostible
  • Fomentar a economía local
  • Reducir os impactos na cadea de subministro
  • Cumprir con toda a normativa aplicable

Así mesmo, asumimos un compromiso coa mellora continua desta política, e traballamos na revisión de cada procedemento, no seguimento, medición e análise dos nosos obxectivos e na súa comunicación a todas as personas implicadas.

En Vigo a 1 de marzo de 2018
Julio Gómez e Luis Campos, directores de Sinsalaudio

Descargar compromiso asinado