• Venres 22 de xullo
  • Sábado 23 de xullo
    HORA ESCENARIO
    12:55 Buxos Xacobeo 21-22 Magia Bruta
    14:00 Buxos Xacobeo 21-22 Haepaary
    15:20 San Simón SON Estrella Galicia Clara Peya
    16:40 Buxos Xacobeo 21-22 Julián Mayorga
    18:00 San Simón SON Estrella Galicia Ben LaMar Gay
    19:15 Buxos Xacobeo 21-22 Os Amantes
    20:30 San Simón SON Estrella Galicia TootArd
    21:30 Buxos Xacobeo 21-22 Fixemberg
    16:00 - 17:30 Santo Antón Santo Antón Acústico | Concerto das Donas
    • Magia Bruta

      Magia Bruta

      Buxos Xacobeo 21-22 | 12:55

      A compositora e produtora Isabel Fernández (Charades, Aries) e a baterista e cantante Aida Torres (Lisäbo, Jupiter Jon, colectivo bIDEhUTS) únense neste novo proxecto musical que dá lugar a unha emocionante vaga de harmonías e experimentación instrumental. ‘Un día nuevo’ é o álbum debut do dúo, un traballo no que Fernández confirma o seu valor como autora dunha enorme calidade que explora o pop, a electrónica, ou o minimalismo. O disco é unha celebración da alegría e da lástima ás que Magia Bruta enfronta: alén dos clichés e corpiños, a carta de presentación do grupo son dez temas rebordantes de honestidade. 
       

    • Haepaary

      Haepaary

      Buxos Xacobeo 21-22 | 14:00

      Deste dúo din que rompe as regras da tradición. A mestura entre os instrumentos tradicionais coreanos e as sonoridades electrónicas dan como resultado unha proposta que reformula os ritmos contemporáneos do país asiático: Haepaary reinterpreta as músicas do santiario real de Jongmyojeryeak e o Namchan Gagok, a tradición oral que sempre foi interpretadas por homes. A música de Haepaary achegase ao techno alternativo, ao ambient, ao dream pop. A instrumentista Hyewon e a cantante Minhee visitan por vez primeira a illla de San Simón cunha proposta singular para facilitar o transo a través da escoita e do baile. 
       

    • Clara Peya

      Clara Peya

      San Simón SON Estrella Galicia | 15:20

      Pianista prolífica e transgresora. Inquieta, visceral e trascendente, Clara Peya entende a arte como ferramenta de transformación social: así, foi recoñecida co Premio Nacional de Cultura de Catalunya 2019 pola súa traxectoria e compromiso social. Co piano como centro de gravidade e cunha personalidade artística torrencial, musicalmente é inclasificable. Conta cunha impresionante traxectoria e once discos ás costas e no Sinsal presenta ‘Periféria’, inspirado  nos espazos de paso, nas marxes, no que non se quere amosar. Peya propón poñer o foco neses non lugares, espazos baleiros ou baileirados; mais tamén unha viaxe ás fronteiras do son.
       

    • Julián Mayorga

      Julián Mayorga

      Buxos Xacobeo 21-22 | 16:40

      O polifacético artista aterra en San Simón para levar ao público até a súa Colombia natal. Logo de sete anos observando o mundo dende Madrid, Mayorga emprende unha viaxe de volta cara as súas orixes na musical terra de Tolima no seu último traballo, ‘Cuando tengo fiebre veo la cabeza de un leopardo magnífico’. O disco pon de manifesto a excepcionalidade dun particular e prolífico creador que atrapa ao público coas súas guitarras, teclados, poesía surrealista e cumbia.

    • Ben LaMar Gay

      Ben LaMar Gay

      San Simón SON Estrella Galicia | 18:00

      Desde Chicago chegan os sons do jazz progresivo deste compositor, multiinstrumentista, cantante, poeta e ecléctico erudito. Ben Lamar Gay é un dos autores máis orixinais e prolíficos da comunidade creativa da cidade estadounidense. A súa música, emotiva, enérxica e fiada polo folclore, non limita con ningún xénero: máis ben propón unha variedade radical de son, cor e espazo. Lider de Bottle Tree, e integrante de Highly Rare de Makaya McCraven ou Fly or Die de Jaime Brahc, Lamar colabora con numerosas bandas e sobre o escenario reborda talento. Logo de visitar San Simón, o público poderá gozar da súa música no festival Jazzaldía. 
       

    • Os Amantes

      Os Amantes

      Buxos Xacobeo 21-22 | 19:15

      Proxecto conformado por Strobo e Jaloo a raíz dun convite que o festival brasileiro Se Rasgum lanza no ano 2016. Dous anos máis tarde, o trío crea o seu primeiro tema, Os amantes, que dá nome forma a unha proposta na que o amor é un tema central que se reflicte tanto na lírica coma na composición. Musicalmente Os Amantes abranguen diferentes estilos e facetas da música pop, froito dunha extensa traxectoria creativa. Sen dúbida, a mestura entre Jacoo (voz), Leo Chermont (guitarra) e Arthur Kunz (percusións e programación) é apaixonante. 
       

    • TootArd

      TootArd

      San Simón SON Estrella Galicia | 20:30

      Os irmáns Hasan e Rami Nakhleh son TootArd. O grupo, orixinario dos Altos do Golán, atópase no medio da xira internacional de presentación do seu álbum ‘Migrant Birds’ e actúa por primeira vez en España no marco do Sinsal SON Estrella Galicia. O disco é homenaxe ás pistas de baile dos anos 80 de Oriente Próximo. Sintetizadores de cuarto ton, percusións e melodías pop levarán ao público de San Simón a percorrer unha dinámica viaxe polo tempo até aterrar no medio dunha discoteca de Beirut ou El Cairo de hai tres décadas. 

    • Fixemberg

      Buxos Xacobeo 21-22 | 21:30

      DJ set.

    • Santo Antón Acústico | Concerto das Donas

      Santo Antón Acústico | Concerto das Donas

      Santo Antón | 16:00 - 17:30

      Grupo instrumental de cámara especializado na interpretación de obras de mulleres compositoras de todos os tempos. Liderado pola violinista galega María José Pámpano, o ensemble ofrece en acústico, e unicamente para o público do Sinsal, un avance en exclusiva do seu próximo proxecto que indaga na obra da compositora norteamericana Caroline Shaw (1982), integrado por  pezas musicais que soarán por vez primeira en España e Portugal. Unha oportunidade única para mergullarse no interior dun cuarteto de corda e deixarse mecer pola música na illa de San Simón.

      Seis pases: 16:00, 16:15, 16:30, 16:45, 17:00 e 17.15 horas. 

  • Domingo 24 de xullo
O cartel do Festival Sinsal SON Estrella Galicia é secreto. O público non sabe que grupos vai ver ata que desembarca na Illa de San Simón (Redondela). 

Sinsal é un evento de Sinsalaudio. A traxectoria da promotora, a singularidade do evento e o espazo natural no que se desenvolve son un selo de calidade.

Desde a primeira edición en 2003, o principal compromiso de Sinsalaudio foi programar artistas que inician a súa carreira musical ou que demostrasen unha gran conexión coa creación contemporánea. Algúns destes nomes, poucos anos despois, aterraron nos grandes festivais e salas de concertos de todo o mundo.

Ir arriba