Programa
- Venres 22 de xullo
- Sábado 23 de xullo
-
Domingo 24 de xullo
HORA LUGAR 12:55 Buxos Xacobeo 21-22 Santi Araújo 14:00 Buxos Xacobeo 21-22 Haepaary 15:05 San Simón SON Estrella Galicia Ensemble Liberdade 16:15 Buxos Xacobeo 21-22 Lucas Estrela & Strobo 17:30 San Simón SON Estrella Galicia Rocío Márquez & Bronquio 18:45 Buxos Xacobeo 21-22 Mula 20:00 San Simón SON Estrella Galicia Steam Down 21:00 Buxos Xacobeo 21-22 Paco Moreno 21:45 Buxos Xacobeo 21-22 Víktor Flores 16:00 | 16:30 | 17:00 Santo Antón Santo Antón Acústico | Ensemble Orquesta Clásica -
Santi Araújo
Santi Araújo
Buxos Xacobeo 21-22 | 12:55O artista pontevedrés abre a última xornada deste Sinsal SON Estrella en Galicia coa presentación do seu segundo e último disco, Suelta Ø Muerde, unha lectura en clave pop-rock sobre as emocións e os contrastes vitais, un xogo de dualidades e conflitos nos que o músico afonda na alma humana. O disco, xestado en plena pandemia entre Galicia e Madrid, agudiza a sensación de evolución constante de Araújo tanto na parte lírica coma na musical.
-
Haepaary
Haepaary
Buxos Xacobeo 21-22 | 14:00Deste dúo din que rompe as regras da tradición. A mestura entre os instrumentos tradicionais coreanos e as sonoridades electrónicas dan como resultado unha proposta que reformula os ritmos contemporáneos do país asiático: Haepaary reinterpreta as músicas do santiario real de Jongmyojeryeak e o Namchan Gagok, a tradición oral que sempre foi interpretadas por homes. A música de Haepaary achegase ao techno alternativo, ao ambient, ao dream pop. A instrumentista Hyewon e a cantante Minhee visitan por vez primeira a illla de San Simón cunha proposta singular para facilitar o transo a través da escoita e do baile.
-
Ensemble Liberdade
Ensemble Liberdade
San Simón SON Estrella Galicia | 15:05Nada no seo da Orquestra Galega de Liberación, o Ensemble Liberdade é unha nova agrupación de música galega de vangarda conformada por un cuarteto de corda, percusión e trío de ventos. Baixo a batuta de Xacobe Martínez Antelo, o grupo instrumental continúa na senda da improvisación dirixida e da música contemporánea como campo de experimentación sonora e musical. O Ensemble Liberdade conta con Elena Vázquez (violín), María José Pámpano (viola), Macarena Montesinos (violoncello), Saúl Puga (contrabaixo), Diego Alonso (saxo soprano), Xosé Miguélez (saxo tenor), Javier Pereiro (trompeta) e LAR Legido (batería e percusións).
-
Lucas Estrela & Strobo
Lucas Estrela & Strobo
Buxos Xacobeo 21-22 | 16:15A música da Amazonía chega directa a San Simón. Lucas Estrela, un novo e brillante guitarrista de Belém, toca “guitarrada”, un xeito singular, propio do seu territorio, de tocar dito instrumento. A través da música instrumental, Lucas presenta paisaxes sonoras da Amazonía brasileira. Con dous discos ás costas, nos que experimenta entre o carimbó e a míusica dixital, Estrela muda os códigos da reinterpretación da guitarra de Pará e imprime nos seus temas as súas visions sensoriais, referencias e linguaxe propia.Sobre o escenario do Sinsal acompañarase de Strobo, o dúo formado polos músicos e produtores Leo Chermont & Arthur Zunz, que une as influencias da música do Amazonas cun estilo moi moderno e orgánico.
-
Rocío Márquez & Bronquio
Rocío Márquez & Bronquio
San Simón SON Estrella Galicia | 17:30O público do Sinsal ten ocasión de asistir a unha das unións máis celebradas dos últimos tempos. Trátase do encontro entre a recoñecida cantante de flamenco Rocío Márquez e o músico de Xerez Santiago Gonzalez, ‘Bronquio’. Con el chega Tercer Cielo: un traballo no que ambas figuras percorren un tránsito creativo entre o flamenco e a electrónica, silencios e loops. Temas repletos de polifonías e melodías de sintetizadores no que os textos de Carmen Camacho, Luis García Montero, Federico García Lorca ou da propia Rocío Márquez percorren todo un mundo de experimentación, memoria e pensamento ensanchando os límites da tradición flamenca.
-
Mula
Mula
Buxos Xacobeo 21-22 | 18:45Os ritmos caribeños chegan ao cartel do Sinsal SON Estrella Galicia da man de MULA; a banda dominicana de música electrónica conformada polas irmás Anabel e Cris Acevedo e a produtora Rachel Rojas. Dessde o lanzamento do seu primeiro disco homónimo no 2015 o grupo percorre festivais e salas de todo o mundo e, xa con tres traballos discográficos ás costas, pódese calibrar o seu éxito: algúns dos seus temas forman parte de bandas sonoras de películas e series internacionais. En San Simón presenta o seu último disco, 'Mundos'.
-
Steam Down
Steam Down
San Simón SON Estrella Galicia | 20:00O colectivo artístico Steam Down é unha das sopresas que se agochan no cartel do Sinsal SON Estrella Galicia. A proposta, que ten un papel moi relevante dentro da escena jazzística de Londres, naceu no ano 2017 da man do compositor e produtor Ahnansé coa intención conectar a músicos e productores da metr´opole. Desde entón, o encontro transformouse nun evento semanal e a comunidade Steam Down, cada vez máis extensa, recolle unha boa parte da paisaxe sonora londinense. Unha parte do colectivo dará boa conta en San Simón do seu innovador proxecto.
-
Paco Moreno
Paco Moreno
Buxos Xacobeo 21-22 | 21:00A rumba, a cumbia ou pop con ecos de funk forman parte de ‘Rumba Plus’, o primeiro LP de Paco Moreno. Unha colección de cancións nas que caben todos os perfís posibles dun artista que irrompe na escena musical no ano 2019. O público de Sinsal recibirá o último solpor desta edición bailando unha chega de historias de amores fondos, dúbidas ou leccións de anatomía sentimental.
-
Víktor Flores
Víktor Flores
Buxos Xacobeo 21-22 | 21:45Xornalista, director do festival Sona Gaifar e DJ galego que abandera o son minimalista centroeuropeo, que combina con apuntamentos de dub, pop electrónico ou clásicos disco ou tecno-pop. 25 anos percorrendo coa súa maleta de discos os principais clubs de España dan boa conta da traxectoria como DJ dun dos fundadores do colectivo Sinsalaudio: 20 anos despois, Viktor Flores será o ramo da celebración en San Simón.
-
Santo Antón Acústico | Ensemble Orquesta Clásica
Santo Antón Acústico | Ensemble Orquesta Clásica
Santo Antón | 16:00 | 16:30 | 17:00A Orquesta Clásica de Vigo ofrece no marco do programa Santo Antón Acústico un microconcerto cun trío de vento madeira composto por tres novos instrumentistas da formación: Celia Vallo Gil, Raúl Martínez Temperán e Iria Pérez Salgueiro, estudantes do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Xuntos, e ante un público reducido, interpretarán un repertorio conformado polo Trío en Fa Maior, op. 32 de E. Kummer e Fragmentos para trío de vento, de R. Muczynski.
Tres pases: 16:00. 16:30, 17:00
-
- Luns 25 de xullo