• Venres 22 de xullo
    • Exposición 'A Escola Sinsal: 20 ideas para presumir de vintage'

      Exposición 'A Escola Sinsal: 20 ideas para presumir de vintage'

      Cafetería da illa | Horario do festival

      ‘A Escola Sinsal: 20 ideas para presumir de vintage’ percorre a historia do rexistro sonoro do suco de gravación a través de máis de cincuenta obxectos, agrupados en vinte ideas ou conceptos, da colección de Sinsalaudio. Visitas guiadas de 18.30 a 19.00h previa inscrición en info@sinsalaudio.org (asunto “Visita guiada A Escola Sinsal”).

    • Exposición 'Por que as túas fillas escoitan trap?'

      Exposición 'Por que as túas fillas escoitan trap?'

      Cafetería da illa | Horario do festival

      ‘Por que as túas fillas escoitan trap?’ é unha aproximación á historia da tecnoloxía musical. A mostra parte dunha premisa: a chegada da electricidade cambiou tanto a composición como o son da música popular e clásica.

    • Pedal surf

      Pedal surf

      19:00 | 20:00 | 20:45 | 21:30

      Rutas de 30 minutos arredor do perímetro da illa. É unha actividade náutica innovadora e 100% sostible na que podes practicar deporte e escoitar os concertos desde unha táboa estable e segura. 

      • Imprescindible ter entrada para ese mesmo día, saber nadar e facer uso do chaleco salvavidas.
      • A actividade realizarase en grupos reducidos (máx. 10 persoas), acompañadas dunha guía.
      • Menores de 9 anos, gratuíto. A partir dos 10 anos o prezo será de 15 euros por persoa, 25 euros por parella ou de 10 euros para grupos de 4 a 10 persoas. Importante: as e os menores deberán estar acompañadas da ou do titor legal -con máis de 16 anos deberán ter autorización asinada-.
  • Sábado 23 de xullo
  • Domingo 24 de xullo
Microconcertos acústicos en Santo Antón, actividades acuáticas de pedal surf na contorna da illa, exposicións, paseos por San Simón ou obradoiros creativos familiares de reciclaxe: coñece a programación paralela de Sinsal 2022. Lembra que para acceder ás actividades é imprescindible ter entrada para asistir ao festival o mesmo día :)   
Ir arriba