Actividades paralelas
- Venres 22 de xullo
-
Sábado 23 de xullo
-
Pedal surf
Pedal surf
13:00 | 14:00 | 15:00 | 17:00 | 18:00 | 19:00 | 20:45 | 21:30Rutas de 30 minutos arredor do perímetro da illa. É unha actividade náutica innovadora e 100% sostible na que podes practicar deporte e escoitar os concertos desde unha táboa estable e segura.
- Imprescindible ter entrada para ese mesmo día, saber nadar e facer uso do chaleco salvavidas.
- A actividade realizarase en grupos reducidos (máx. 10 persoas), acompañadas dunha guía.
- Menores de 9 anos, gratuíto. A partir dos 10 anos o prezo será de 15 euros por persoa, 25 euros por parella ou de 10 euros para grupos de 4 a 10 persoas. Importante: as e os menores deberán estar acompañadas da ou do titor legal -con máis de 16 anos deberán ter autorización asinada-.
-
Obradoiro de reciclaxe LIMBO
Obradoiro de reciclaxe LIMBO
Capela de San Simón | 15.00 | 16.00 | 17.00 | 18.00 | 19.00Proposta dirixida ao público familiar, especialmente ao público máis novo. O obradoiros LIMBO, gratuíto, as e os asistentes construirán e deseñarán de forma autónoma distintas escenografías a través da reutilización de pezas de madeira e outros materiais de refugallo, tanto de forma individual coma colectiva. Todos os talles terán unha duración dunha hora e as inscricións poderanse realizar na mesma xornada.
-
Santo Antón Acústico
Santo Antón Acústico
Illa de Santo Antón | 16:00, 16:15, 16:30, 16:45, 17:00, 17:15Microconcertos acústicos de agrupacións galegas de música clásica. As actuacións terán asistencia limitada en cada pase (seis en total, cada quince minutos, con capacidade máxima de 20 por sesión) e o sistema de acceso a estes concertos é con entrada (2€), que se pode adquirir a través da plataforma Enterticket.
-
Paseo por San Simón: Islario Marabilloso
Paseo por San Simón: Islario Marabilloso
Illa de San Simón | 16:00Paseo por San Simón co investigador Xosé Lois Gutiérrez Faílde. A través do camiñar e da contemplación, neste roteiro fiaranse os relatos e as memorias que compoñen a idea do lugar. A intención: manter a fascinación, e tamén o conflito, na relación co territorio. Para participar, inscríbete no email info@sinsalaudio.org (asunto “Paseo Islario Marabilloso”). Deberás confirmar a túa praza no punto de Administración ao desembarcar na illa de San Simón; de xeito que as persoas interesadas en participar e que estean en lista de agarda poidan optar á praza se finalmente non participas.
-
Exposición 'A Escola Sinsal: 20 ideas para presumir de vintage'
Exposición 'A Escola Sinsal: 20 ideas para presumir de vintage'
Cafetería da Illa | Horario do festival‘A Escola Sinsal: 20 ideas para presumir de vintage’ percorre a historia do rexistro sonoro do suco de gravación a través de máis de cincuenta obxectos, agrupados en vinte ideas ou conceptos, da colección de Sinsalaudio. Visitas guiadas de 18.30 a 19.00h previa inscrición en info@sinsalaudio.org co asunto “Visita guiada A Escola Sinsal”
-
Exposición 'Por que as túas fillas escoitan trap?'
Exposición 'Por que as túas fillas escoitan trap?'
Cafetería da illa | Horario do festival‘Por que as túas fillas escoitan trap?’ é unha aproximación á historia da tecnoloxía musical. A mostra parte dunha premisa: a chegada da electricidade cambiou tanto a composición como o son da música popular e clásica.
Sábado 23 de xullo, 19-20h: Encontro con Mateo Mena. Introdución aos diferentes procesos de construción de instrumentos musicais electrónicos a través de deseños propios. Para asistir recoméndase realizar inscrición previa en info@sinsalaudio.org (asunto: ‘Encontro con Mateo Mena’).
-
- Domingo 24 de xullo