
Elena Vázquez

A súa actividade na música improvisada e experimental comeza da man da Orquestra O.M.E.Ga (Orquestra de Música Espontánea de Galicia), da cal é membro dende a súa formación no ano 2007, e coa que actuou no Festival TRAUMZEIT en Duisburg (Alemania) e o Festival de Jazz ImaxinaSons de Vigo. Foi membro da B.I.B. (Banda d'Improvisadors de Barcelona) e actuou no Festival des Itinéraires (Narbonne).
Membro das formacións de impro libre Fonogenia e Suelen Estar Quartet, colaborando con artistas experimentais como Christina Vantzou ou a bailarina contemporánea Mónica García. Forma parte tamén do Cuarteto Dumka e dos grupos Peña e Trilitrate. Pertence ao Colectivo Metamovida e participa na organización das Sesións HALO de improvisación libre na cidade de Vigo dende a súa creación no ano 2014.