• Venres 29 de outubro
  • Domingo 31 de outubro
  • Luns 1 de novembro
    • Horizontes múltiplos

      Horizontes múltiplos

      MARCO | 19.00 horas
      Henrique Portovedo é un saxofonista luso especializado en música electroacústica e multimedia e profesor no de música electrónica na Universidade de Aveiro. Ten traballado cos compositores contemporáneos máis relevantes e estreou máis de 40 obras de saxofón escritas para el. No Sinsal Outono presentará un programa para saxofóns, electrónica e video para achegar ao público a unha realidade na que se configuran múltiples horizontes.
    • Nexø

      Nexø

      MARCO | 20.00 horas
      Proxecto de Dead Line (Juanma LoDo e Acacia Ojea). Nexø, que nace do termo ‘nøkke’ (espíritu da auga) e ‘sæ' (mar), é a unión de dous xeitos de escoitar e ver o mundo. As texturas sonoras e visuais do mar inspiran un proxecto de exploración e creación desta peza audiovisual realizada en directo e que é resultado dunha investigación conxunta. A través das ondas mariñas e sonoras, descubriremos paisaxes e ritmos que nos levarán a lugares coñecidos, nos que os recordos esvaecen e os esquecementos retornan como as ondas do mar no seu continuo ir e vir no que chocan, suman, restan... sempre en continua transformación. 


  • Martes 2 de novembro
Neste 2021 Sinsal Outono regresa cunha iniciativa aberta ao público e ofrece, entre os días 29 de outubro e 2 de novembro, catro xornadas experienciais, nas que aos habituais concertos se incorporan propostas con artes visuais e conferencias.
Ir arriba