• Sábado 13 de novembro
  • Sábado 20 de novembro
    • Marco Maril

      Marco Maril

      Museo do Mar | Sala Lonxa | 17.15 horas
      Músico e artista sonoro residente en Vigo, foi membro de proxectos como Apenino ou Dar ful ful.  Presentará por primeira vez na cidade olívica o seu último disco, 15.11.18, inspirado precisamente no Museo do Mar e que nace coa data na que recibe o seu piano co que compuxo estes temas. Maril estreou o novo álbum nun paseo en catamarán pola enseada de San Simón, diante de 60 persoas, na pasada edición do Sinsal SON Estrella Galicia, nomeada Esencial.

    • Adrian Timms

      Adrian Timms

      Museo do Mar | Sala Curiosidades científicas | 18.15 horas
      Cantante e compositor británico asentado en Vigo, cun definido estilo delicado e desgarrador, que se move entre o indie e o folk, chega aos escenarios logo de percorrer numerosas salas de todo o Estado e as rúas viguesas, das que xa forma parte do seu ecosistema sonoro. Part won é o seu primeiro LP, un disco no que bota a ollada cara atrás e percorre a última década de creación artística. 
    • Verde Prato

      Verde Prato

      Museo do Mar | Sala Lonxa | 19.15 horas
      Unha das máximas expoñentes da xeración de artistas que está a recuperar e reformular a tradición oral vasca. Cantos populares e cantos litúrxicos, en formato voz e electrónica, danse cita nun singular proxecto no que Verde Prato pon en valor o encontro entre o folclore e a modernidade, e a presenza da voz no cancioneiro popular. No Sinsal Museo do Mar presentará o seu disco debut, Kondaira eder hura, publicado este mesmo ano, un traballo íntimo e dotado dunha extraordinaria forza na linguaxe.

    • rebe

      rebe

      Museo do Mar | Sala Curiosidades científicas | 20.10 horas
      Estandarte dun pop de dormitorio líquido, da fantasía millenial e dunha personalidade aplastante, liberada de perxuízos, rebe é coñecida polas curiosas versións que grava de temas populares do pop internacional. O seu primeiro álbum Recuerdos de cuando me aplastó una roca y me morí e o seu EP Recuerdos un poco antes y un poco después de conocer a 1 xico (el mío) dan boa conta do universo desta artista madrileña que, por vez primeira, actúa en Vigo. 
    • Nacho·Faia·Lar

      Nacho·Faia·Lar

      Museo do Mar | Sala Lonxa | 21.15 horas
      Tres artistas da vangarda musical galega e de recoñecida traxectoria tanto no ámbito da música tradicional coma experimental únense neste novo proxecto: Nacho·Faia·Lar. Nacho Muñoz (Igmig, Madamme Cell), Faia Díaz (FAIA, De Vacas) e Lar Legido (Sumrrá, O.M.E.GA) unen as súas intelixencias e experiencias para achegar De nao saber o que me espera, unha proposta transgresora e contemporánea que afonda na figura e no repertorio do cantante luso Zeca Afonso. Unha perspectiva que leva a voz do Zeca a unha nova dimensión alén do espazo-tempo.
  • Domingo 21 de novembro
A música ao vivo co selo Sinsal segue presente na cidade de Vigo. A promotora Sinsalaudio propón para o mes de novembro Sinsal Museo do Mar 2021, tres xornadas de concertos nos que convivirán as propostas de formato tradicional con outras máis conectadas coa vangarda. O sábado 13 no Teatro Afundación e os días 20 e 21 de novembro no Museo do Mar celebrarase esta iniciativa musical, fiada polo apoio ao tecido local e ás artistas femininas, e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22.
 
Ir arriba