• Sábado 13 de novembro
    • Luísa Sobral

      Luísa Sobral

      Teatro Afundación | 20.30 horas
      A primeira cita do Sinsal Museo do Mar 2021 chegará da man da cantante e compositora portuguesa Luísa Sobral, cuxas creacións transitan entre os universos sonoros do jazz, folk ou indie. Sobral presentará un repertorio no que destaca Rosa (2018,) un traballo íntimo e cru da creadora producido por Raül Refree, ou mesmo Luísa (2016), disco aclamado pola crítica portuguesa. Xunto a Camomila, un EP publicado, o pasado mes de setembro, unha das súas publicacións máis recentes é Todo lo que no está (2020),sinxelo creado canda Zahara nunha das residencias artísticas de Radio3.
  • Sábado 20 de novembro
  • Domingo 21 de novembro
A música ao vivo co selo Sinsal segue presente na cidade de Vigo. A promotora Sinsalaudio propón para o mes de novembro Sinsal Museo do Mar 2021, tres xornadas de concertos nos que convivirán as propostas de formato tradicional con outras máis conectadas coa vangarda. O sábado 13 no Teatro Afundación e os días 20 e 21 de novembro no Museo do Mar celebrarase esta iniciativa musical, fiada polo apoio ao tecido local e ás artistas femininas, e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22.
 
Ir arriba