• Sábado 13 de novembro
  • Sábado 20 de novembro
  • Domingo 21 de novembro
    • Nico Casal

      Nico Casal

      Museo do Mar | Sala Lonxa | 13.00 horas
      O pianista e compositor galego será o ramo deste Sinsal Museo do Mar. Nico Casal, autor de bandas sonoras de filmes como Stutterer (Premio Oscar Mellor Curtametraxe 2016) ou La enfermedad del domingo (finalista nos Premios Feroz á Mellor BSO), é gañador do Mestre Mateo 2016 pola súa música en María y los demás. Casal ofrecerá o domingo 21 o seu primeiro concerto en Vigo, nunha sesión de clausura na que interpretará temas do seu primeiro disco, Alone, así como dos seus EP Chapter one e Luma.
A música ao vivo co selo Sinsal segue presente na cidade de Vigo. A promotora Sinsalaudio propón para o mes de novembro Sinsal Museo do Mar 2021, tres xornadas de concertos nos que convivirán as propostas de formato tradicional con outras máis conectadas coa vangarda. O sábado 13 no Teatro Afundación e os días 20 e 21 de novembro no Museo do Mar celebrarase esta iniciativa musical, fiada polo apoio ao tecido local e ás artistas femininas, e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22.
 
Ir arriba