Información
Sinsalaudio propón no mes de novembro Sinsal Museo do Mar 2021, tres xornadas de concertos nos que convivirán as propostas de formato tradicional con outras máis conectadas coa vangarda. O sábado 13 no Teatro Afundación e os días 20 e 21 de novembro no Museo do Mar de Vigo celebrarase esta iniciativa, fiada polo apoio ao tecido local e ás artistas femininas, e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22.
-
13.11 | Teatro Afundación
A cantante e compositora portuguesa Luísa Sobral é unha das artistas máis distinguidas e recoñecidas das novas xeracións do país veciño. -
20.11 e 21.11 | Museo do Mar
Concertos dunha ampla diversidade estilística con artistas pouco habituais no ecosistema das salas de concertos ou festivais de Galicia.