• Mércores 22 de xullo
  • Xoves 23 de xullo
  • Venres 24 de xullo
    • Marisqueo a pé

      Marisqueo a pé

      Cesantes | 11:30
      Marisqueo a pé. Andaina coas mariscadoras da Confraría de Pescadores San Xoán de Redondela e a asociación de turismo mariñeiro Amarturmar.  Participación especial da poeta Dores Tembrás recitando “Cartografía de palabras desobedientes”.
      Prazas: 20. Punto de encontro: Lonxa de Cesantes (Redondela). A actividade ten unha duración aproximada de dúas horas e media.

      MERCAR ENTRADA
    • Andaina polo patrimonio industrial de Meirande

      Andaina polo patrimonio industrial de Meirande

      Centro de Interpretación de Meirande (Redondela) | 16:45
      Andaina co arqueólogo Xurxo Constela polo patrimonio histórico e industrial de Meirande (Redondela). Con este experto na historia de Rande e museólogo do Centro de Interpretación, os asistentes poderán coñecer o patrimonio industrial, cultural e humano desta parte do litoral de Redondela. Prazas: 20. Duración da actividade:  unha hora e media aproximada. Punto de encontro: explanada Duchess, á altura do cargadoiro.

      MERCAR ENTRADA
    • A insularidade no cinema

      A insularidade no cinema

      Centro de Interpretación de Meirande | 18:15
      Javier Trigales presenta "Fotogramas Illados: breve historia da insularidade no cinema". Alfonso Zarauza presenta "Rodar nas illas: A aventura de ONS". Entrada de balde. Capacidade limitada.

      RESERVA PRAZA
    • Concerto Laura LaMontagne & PicoAmperio

      Concerto Laura LaMontagne & PicoAmperio

      Meirande. Escenario SON Estrella Galicia | 20:30
      A poeta e cantautora galega Laura LaMontagne (Lugo, 1993) forma xunto co produtor e picadiscos PicoAmperio un singular duo no que mesturan cantigas medievais de Martín Códax e textos de Lorca ou Val del Omar con música sintética e ritmos urbanos. Xuntos ofrecen a súa particular visión do folclore despois de pasalo por filtros da electrónica, o hip-hop e o trance até dar con algo totalmente novo. Aforo limitado.

      MERCAR ENTRADAS
  • Sábado 25 de xullo
  • Domingo 26 de xullo
Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero e Trilitrate. O xoves 23 o festival desprázase á Illa de San Simón (Redondela) para unha xornada dirixida a profesionais co título “A senda circular”; as parroquias de Cesantes e Meirande serán os escenarios do evento o venres 24; o patrimonio industrial de Vigo e os Astilleros Cardama, o sábado 25 e o peche, no marabilloso mosteiro de Oia, no mediodía do domingo 26. 
Ir arriba