• Mércores 22 de xullo
  • Xoves 23 de xullo
  • Venres 24 de xullo
  • Sábado 25 de xullo
    • Andaina polas orixes e actualidade do Vigo Portuario

      Andaina polas orixes e actualidade do Vigo Portuario

      Praza da Princesa (punto de partida) | 11:30
      Andaina polas orixes e actualidade do Vigo portuario coa colaboración de Vigo Pesqueiro (Fundamar) e a actuación especial de Modulador de Ondas, proxecto musical do thereminista Paulo Pascual. Prazas: 20. O punto de encontro é a Praza da Princesa, en Vigo, e a actividade ten unha duración aproximada de dúas horas. Ao remate, aqueles participantes que o desexen poden gozar dunha degustación en Viveiros López Novoa. O prezo da andaina é de 8 euros e o prezo da degustación é de 7 euros.

      MERCAR ENTRADAS

    • Concerto Los Hermanos Cubero

      Concerto Los Hermanos Cubero

      Astilleros Cardama | 21:30
      A receita dos irmáns Quique e Roberto é mesturar folclore alcarreño co bluegrass xenuinamente americano. O resultado, atractivo e sorprendente ao mesmo tempo. Letras cargadas de mensaxe, camufladas con moita arte mediante a sátira que recolleron do cancioneiro tradicional de La Alcarria, a súa terra. Debutaron en 2010 pero foi co seu quinto disco “Arte y Orgullo”, publicado en 2016, cando se consagraron ante un público que non parou de medrar en número e, tamén, ante a crítica que destacou a nova dimensión do seu folk en castelán. En 2018 publícase "Quique dibuja la tristeza", un traballo nacido da desgraza persoal e que funcionou como ferramenta para superar os malos momentos. Despois de percorrer a península varias veces nos últimos anos, Los Hermanos Cubero recibían en 2019 o Premio MIN ao mellor traballo de Músicas do Mundo e Fusión.

      MERCAR ENTRADAS
  • Domingo 26 de xullo
Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero e Trilitrate. O xoves 23 o festival desprázase á Illa de San Simón (Redondela) para unha xornada dirixida a profesionais co título “A senda circular”; as parroquias de Cesantes e Meirande serán os escenarios do evento o venres 24; o patrimonio industrial de Vigo e os Astilleros Cardama, o sábado 25 e o peche, no marabilloso mosteiro de Oia, no mediodía do domingo 26. 
Ir arriba