• Mércores 22 de xullo
    • Rodrigo Cuevas en concerto

      Rodrigo Cuevas en concerto

      Castelo de Soutomaior. Escenario Turismo Rías Baixas | 21:30
      Cantante, compositor, acordeonista e percusionista, Rodrigo Cuevas (Oviedo, 1985) defínese como un axitador folclórico e como parte do movemento “sexyfolk”. Ao festival Sinsal Litoral chega con “Trópico de Covadonga”, o seu terceiro espectáculo escénico, que comezou a rodar en 2019. Axitación folclórica e electrónica, divismo de campo e humor, erotismo elegante, hedonismo, celebración dos dereitos innegociables, fermosas coreografías contemporáneas. No espectáculo, participa Raül Refree na produción musical, coescritura e arranxos da maioría dos temas, cómplice tamén no último disco do asturiano “Manual de cortejo”. Un traballo feito sen presa, para escoitar sen presa, para vivir sen presa. “Hai xiringüelu, hai muiñeira, hai habaneras, hai cancións de cesteiros; hai textos que falan do pasado, do futuro, do importante e do prescindible”, di o artista. Curioso, investigador, amante do espectáculo, Cuevas fai unha radiografía sonora do que para el é Asturias, Galicia “ou cada un dos lugares cuxa música tradicional me conmove”. E faino coa intención de seducir o público; un pracer absoluto contar coa estrela asturiana para a xornada de apertura de Sinsal Litoral.

      MERCAR ENTRADAS
  • Xoves 23 de xullo
  • Venres 24 de xullo
  • Sábado 25 de xullo
  • Domingo 26 de xullo
Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero e Trilitrate. O xoves 23 o festival desprázase á Illa de San Simón (Redondela) para unha xornada dirixida a profesionais co título “A senda circular”; as parroquias de Cesantes e Meirande serán os escenarios do evento o venres 24; o patrimonio industrial de Vigo e os Astilleros Cardama, o sábado 25 e o peche, no marabilloso mosteiro de Oia, no mediodía do domingo 26. 
Ir arriba