Protocolo COVID-19

Agradecémosvos a vosa colaboración nestas medidas para a seguridade de todas e todos durante o desenvolvemento do festival, tanto no acceso e viaxe en barco coma durante a vosa estancia na illa. 

Pedímosvos que tamén actuedes con responsabilidade. Ante calquera síntoma ou sospeita de ter COVID-19, por favor, quedade na casa e contactade cos servizos sanitarios. Grazas!

Protocolo de espectáculos ao aire libre de media afluencia (público de pé), para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 (11 de xuño de 2021). A normativa deste protocolo sae do documento elaborado polo persoal da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e  estará en continúa revisión e actualización en función das novas evidencias das que se dispoña sobre o SARS- CoV-2


1. Rexistro de público

  • Co fin de posibilitar o seguimento de posibles contactos estreitos ás autoridades sanitarias, o Festival Sinsal Son Estrella Galicia levará un rexistro onde os e as asistentes achegarán os seus datos de identificación e contacto para facilitar a súa localización, cumprindo en todo caso as exixencias derivadas da normativa en materia de protección de datos de carácter persoal.
  • No rexistro constarán o nome, apelidos e un número de teléfono de cada persoa que asista ao festival. Non valen os datos do comprador ou da compradora do billete.

 

2. Uso de máscara 

  • O uso de máscara será obrigatorio en todo momento.
  • Deberá darse un uso axeitado á máscara, é dicir, esta deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo, incluído, estar perfectamente axustada e usarse seguindo as instrucións indicadas polo fabricante. Ademais, a máscara que se empregue non poderá estar provista de válvula exhalatoria.
  • Recomendamos o uso de máscaras quirúrxicas ou FFP2 e desaconsellamos as máscaras de tela.
  • A obriga de uso de máscara non será exixible nos seguintes supostos:
    • Por parte dos asistentes exclusivamente no momento específico do consumo de comida e bebida.
    • No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos nos espazos autorizados do Festival Sinsal Son Estrella Galicia.
    • Nos xardíns e paseos da Illa de San Simón onde se manteña unha distancia de seguridade superior a 2 metros.
       

3. Distancia de seguridade

  • Evitar as aglomeracións e manter sempre a distancia mínima de 1,5 metros entre as persoas en todo momento.
     

4. Hixiene de mans 

  • O festival contará con dispositivos de xel hidroalcohólico ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados na zona de servizos de hostalaría, restauración e aseos.
     

5. Consumo de alimentos e bebida

  • Haberá áreas específicas para a venta e consumo de bebida e comida.
  • As zonas de consumo de alimentos e bebida estarán separadas do escenario no que se realiza a actividade musical.
  • Non se poderá comer e beber na zona de pé onde se realicen os concertos.

 

6. Outras  medidas 

  • Todas aquelas persoas con síntomas compatibles coa covid-19, aquelas ás que se lles diagnosticase a enfermidade e que non finalizasen o período de illamento, ou as que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da covid-19, non poderán acceder ao evento.
  • Prestar atención e cumprir a información da cartelaría e da organización ou persoal de seguridade.
  • Prestar atención e respectar as sinalizacións en canto a distancias de seguridade, localización, espera de quenda,... etc.
     


Grazas pola vosa colaboración. Desde Sinsalaudio recomendamos que, para maior tranquilidade, acudas ao festival cunha PCR de saliva feita con 48 horas de antelación. Podes solicitala na farmacias de forma gratuíta coa túa tarxeta sanitaria. No punto de información da illa, ademais, teremos unha pequena partida de probas de emerxencia.