- Venres 23 de xullo
-
Sábado 24 de xullo
-
Marco Maril
Marco Maril
Enseada Fest Galicia Xacobeo 21-22 | 12.00Músico, técnico de son e deñador sonoro para proxectos audiovisuais e multimedia, Marco Maril é un dos creadores máis singulares do panorama galego. Logo de máis de 20 anos publicando traballos baixo distintos nomes (Apenino, Dar Dar ful), Marco estrea en primicia neste Sinsal Esencial o seu novo disco, 15.11.18, asinado por el mesmo. -
Mariagrep
Mariagrep
Fest Galicia Xacobeo 21-22 | 17.00Próxima á inocencia naif máis fráxil e da sensualidade máis acesa, o debut de mariagrep posiciónaa como unha rara avis no universo dunha canción pop de dormitorio, pero que pretende cazar texturas propias da electrónica, do r&b, do neo-soul ou dun indiepop absolutamente confesional e xeracional. -
Tarta Relena
Tarta Relena
San Simón SON Estrella Galicia | 18.00Tarta Relena nace o 2016 como un proxecto de dous cantantes para explorar as sonoridades de diferentes estilos de músicas vocais. Lonxe de querer crear unha marca tradicional ou de definir a mediterraneidade, Tarta Relena quere facer seu un repertorio que vai desde músicas de tradición oral ata cancións de autor que dunha maneira ou outra se relacionan coa área xeográfica do Mediterráneo. -
Siricaia
Siricaia
San Simón SON Estrella Galicia | 19.15Siricaia nace en 2019 e son un dúo aveirense constituído por Susie Felipe e Vítor Hugo. Dos ritmos tradicionais portugueses até o jungle swin, con percusións portuguesas e guitarras eléctricas travestidas de cavaquinho, Siricaia explora diversas influencias artísticas na procura de novas repostas para cuestións antiguas. -
Whales
Whales
San Simón SON Estrella Galicia | 20.30Unha banda imprescindible no mapa da música alternativa portuguesa pola súa carismática identidade, vibrante e experimental. A música de Whales é o nexo perfecto entre o rock e a electrónica. Cunha enerxía frenética e incandescente, os seus directos non decepcionan, tal e como poderá comprobar o público do Sinsal Esencial SON Estrela Galicia. -
Akazie
Akazie
Fest Galicia Xacobeo 21-22 | 21.30Con formación musical clásica, a viguesa Akazie profundiza na electrónica ao graduarse en Belas Artes, onde amplifica o seu interese polas artes sónicas e a música deconstruída. Coma un proxecto de investigación maioritariamente enfocado na escena postclub, os seus sets albergan un espectro sonoro baseado na electrónica percusiva recollendo influencias de distintos ritmos e harmonías de sonoridades como as lusófonas ou árabes, convivindo con matices neo e industriais, e articulándose entre o groove e o experimental.
-
- Domingo 25 de xullo
O cartel do Festival Sinsal SON Estrela Galicia é secreto. O público non sabe que grupos vai ver ata que desembarca na Illa de San Simón (Redondela). Desde a primeira edición en 2003, o principal compromiso de Sinsal foi programar artistas que inician a súa carreira musical ou demostrasen unha gran conexión coa creación contemporánea. Algúns destes nomes, poucos anos despois, aterraron nos grandes festivais e salas de concertos de todo o mundo. A traxectoria da promotora Sinsalaudio, a singularidade do evento e o espazo natural no que se desenvolve son un selo de calidade.