Faqs

Sobre transporte e aloxamento

En 2018 contamos con dous puntos de embarque: a Estación Marítima de Vigo e o Museo de Meirande (Redondela). Á hora de mercar o bono ou entrada do Sinsal SON Estrella Galicia 2018 poderás escoller o porto de saída. A viaxe desde Vigo á Illa de San Simón ten unha duración de 1 hora e desde Meirande 25 minutos, aproximadamente.

Escolle a mellor opción en función do teu lugar de orixe e dos teus medios de transporte.

A Estación Marítima de Vigo (Rúa Cánovas del Castillo, 3) atópase no centro da cidade. Non ten perda, de alí parten os barcos para Cangas, Moaña e Illas Cíes.

O Museo de Meirande (Redondela) está localizado no Estreito de Rande, antigua Fábrica do Alemán, a 10 quilómetros de Vigo. Este porto de saída está especialmente recomendado para todas aquelas persoas que vos despracedes en coche ao festival desde o norte de Vigo e Redondela. A continuación explicámosche como chegar:

a) Pola AP9 desde Pontevedra:

1) Cruzar a Ponte de Rande. 2) Tomar a saída 151 da AP9 (Teis-Chapela) dirección N-552. 3) Tomar a N-552 dirección Redondela. 4) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 5) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

b) Desde Vigo:

1) Tomar a N-552 dirección Chapela-Redondela. 2) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 3) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

c) Desde Redondela:

1) Pasar Redondela e tomar a N-552 dirección Chapela-Vigo. 2) 500 metros antes da rotonda de Rande (Ponte de Rande), desviarse á dereita desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

 

Si, a 200 metros do embarcadoiro, na explanada de contedores Vieirasa. Todo o percorrido, desde o desvío na N-552 cara o aparcadoiro estará sinalizado.

Habilitamos dous portos de embarque: Vigo e Meirande (Redondela) para reducir o uso particular dos automóbiles xa que boa parte do público vai partir de Vigo. Non hai ningún transporte da organización do festival a Meirande (Redondela); pero recordade que o festival ten descontos acordados cunha empresa de taxis que ofrece prezo pechado no traxecto entre Redondela e Vigo ao público Sinsal.

O festival ten acordos con varios hoteis e camping con desconto se sodes público do festival.

Sobre a viaxe en barco

Desde Vigo aproximadamente unha hora e desde Meirande (Redondela) ao redor de 25 minutos.

 

A organización non se responsabiliza da perda do barco por parte do público. A organización intentará colocar noutro barco a quen perda o seu turno de transporte, pero advertimos que se a seguintes viaxes están completas non podemos comprometernos a buscar unha praza xa que incumpriríamos a capacidade.

Non, a viaxe en barco a San Simón ten un horario de entrada e saída que debe ser cumprido por problemas de capacidade no barco de pasaxeiros.

O festival conta, só para casos de urxencia xustificada, cun barco á disposición do público. Calquera necesidade ao respeito será analizada pola organización.

Sobre o festival

Unha vez adquirida a entrada non será cambiada e non se devolverá o importe. A adquisición da mesma é en firme agás nos casos de cancelación ou cambio de data do evento. As entradas non son nominativas e o posuidor da mesma é o que ten o dereito a acceder ao evento.

Antes de decidir o barco e o horario nos que queredes saír para o Sinsal SON Estrella Galicia, pensádeo ben e lembrade que para a organización non é posible resituarvos noutro barco e horario que o que adquirirades.

Haberá servizo e oferta de comida e bebida en Sinsal SON Estrella Galicia. Teremos varias opcións que iremos anunciando cos seus respectivos prezos, entre elas para vexetarianos e veganos e para persoas con intolerancia ao glute.

En Sinsal SON Estrella Galicia, si está permitido levar comida e bebidas sen alcol.

Moi importante: por razóns de seguridade, a organización ten que rexistrar as mochilas e non estará permitido o acceso á illa con envases de vidro ou latas. Tampouco estarán permitidos garfos, coitelos e navallas de metal –si é posible acceder con servizos de plástico –. Polos mesmos motivos, debemos retirar os tapóns de botellas.

Segundo a lexislación vixente, debemos efectuar un rexistro de mochilas antes de entrar na illa. Para axilizar o acceso, solicitamos aos asistentes que teñan as súas mochilas accesibles e abertas. Grazas pola vosa colaboración!
Ademais, tal e como se fai noutras illas protexidas –Ons ou Cíes– solicitamos a colaboración do público que visite San Simón con comida e recipientes de plástico, recollendo e depositando os desperdicios correspondentes nos contedores de cada porto –Meirande e Vigo –.

Pódese fumar en Sinsal SON Estrella Galicia, pero só nas zonas sinaladas e facendo uso dos cinceiros portátiles. Non se vende tabaco na illa.

 

Recomendamos levar cartos en efectivo, aínda que en Sinsal SON Estrella Galicia tamén dispoñemos de sistema de pago con tarxeta. Non hai caixeiro automático na illa.

Podes vir cos teus fillos, claro. Sinsal SON Estrella Galicia é un evento ideal para pasar o día en familia. A organización do festival reserva un cupo de entradas cada día a prezo reducido para menores até 16 anos (incluídos). A organización recomenda no caso de bebés (0 a 3) optar polas xornadas máis curtas do festival: xoves e venres, menos fatigosas paras as familias.

Só está permitido tomar fotografías se son realizadas sen afán de lucro e sempre protexendo a intimidade e a privacidade do resto dos asistentes ao evento.

Por motivos de seguridade básicos, non permitimos o baño na illa xa que se trata dunha zona de rochas con mareas cambiantes. Por este motivo, tampouco permitimos o acceso en embarcacións que non sexan as oficiais.

Ao Sinsal SON Estrella Galicia é importante levar roupa cómoda e que permita estar fresco durante as horas de calor e máis abrigado a última hora, cando cae o sol. Moitos dos asistentes traen toallas ou esterillas para poder sentar e tumbarse no chan con máis comodidade. Tamén é importante protexerse do sol con gafas, sombreiros ou crema protectora.

Hai un punto de obxectos perdidos nas oficinas de administración. Podes escribirnos un e-mail a festival@sinsalaudio.org co asunto: OBXECTO PERDIDO

Claro que é posible. Desde a viaxe en barco até a mobilidade polo festival, a organización atenderá puntualmente os casos. É moi importante poñerse en contacto con nós no e-mail festival@sinsalaudio.org co asunto “PÚBLICO MOBILIDADE REDUCIDA”.

Sinsal SON Estrella Galicia é un evento con aforo limitado e os concertos poden ser desfrutados con comodidade. Hai baños específicos para público con mobilidade reducida e pódese acceder a todos os puntos da illa por camiños ou rampas. Algúns camiños son irregulares pero desde a organización facilitaremos os desprazamentos con persoal exclusivo.

Dirixirse ás nosas oficinas durante o festival e solicitar unha folla de reclamación.