(Galego) Votas na 10ª edición dos European Festival Awards?

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

En marcha os 10º European Festival Awards e Sinsal SON Estrella Galicia está nominado como Mellor Festival de Pequeno Formato. Unha noticia moi alegre, ademais compartimos nominacións con WOS Festival e PortAmérica. Os premios entréganse en Groningen o vindeiro 19 de xaneiro de 2019, unha cita que xunta a impulsores, xestores e promotores de proxectos de toda Europa. Ademais unha oportunidade, cada edición dos European Festival Awards, de descubrir novos proxectos e talentos musicais.

Votas? Podes facelo até o 30 de novembro aquí, a través da páxina dos premios e dun sinxelo formulario #SurveyMonkey:
https://eu.festivalawards.com/