(Galego) Sinsal SON Estrella Galicia pechou o domingo 29 a súa edición máis sostible en San Simón

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

O domingo 29 de xullo na Illa de San Simón tiveron lugar dez concertos que pecharon esta edición 2018 na Illa de San Simón. Dos dez, seis eran repetidos do cartel do sábado 28: Cosmo Sheldrake, Karpov Not Kasparov, Esteban & Manuel, Altin Gün, Nakhane e La Dame Blanche; sumábanse ao cartel da última xornada: Marem Ladson, Mounqup, Rita Braga e Jungle by Night. Porén, ningún día en Sinsal SON Estrella Galicia é igual ao outro. O domingo, ambiente familiar con máis de cen nenas e nenos na illa, moitas propostas de baile, tamén algunhas intimistas e brillantes, con protagonismo da música europea e galega. En 2018, cun importante esforzo na organización a prol do traballo sostible, nun espazo único como é a Illa de San Simón (Redondela).

O primeiro concerto do domingo protagonizouno Cosmo Sheldrake o británico con 28 años que toca máis de 30 instrumentos e cuxas cancións evocaron tanto o espírito das fanfarrias como a música minimalista, a world music e o pop. O seu último disco, producido por outro mago dos sons como Matthew Herbert, é a consagración dun artista que podería poñer a banda sonora perfecta aos cuentos de Lewis Carroll. O segundo concerto do domingo, este novedade da última xornada, foi o de Marem Ladson, que en 2017 chamou a atención de medios e programadores, catalogando a esta novísima artista como unha das promesas máis firmes do panorama musical. Agora, un ano despois, co seu primeiro disco publicado, eses desexos foron confirmados como unha gran realidade e, por moitas influencias que se podan escoitar, Marem Ladson ten todo o tempo do mundo para definir a súa auténtica personalidade,entre Galicia e EUA.

Houbo electrónica na sobremesa con Karpov Not Kasparov, o dúo electrónico de Romanía que repetía, igual que reptiu cartel Esteban & Manuel, outro duo, desta volta de Galicia con ritmos verbeneiros. Non defraudou por segunda vez nesta edición Nakhane. O domingo en Sinsal SON Estrella Galicia demostrou porque engancha a tanto público, un deses artistas polifacéticos, recoñecido en Sudáfrica pola súa música, así como unha gran promesa do mundo das letras e, hai nada, actor principal na película La Herida, na que protagoniza unha historia de amor gai dentro da comunidade Xhosa.

Máis música feita en Galicia, a de Mounqup no Escenario Miradoiro Platú. Camille Hèdouin, nacida en Francia e galega de adopción, vive na montaña ourensá. Na adolescencia atopou nos loops e os sons do pop do futuro a súa vía musical e con esta ficha técnica presentouse co seu alter ego de Mounqup, incorporándose a unha relación de artistas creadoras recoñecidas dentro e fóra de Galicia.Tocou por segundo día consecutivo, La Dame Blanche, proxecto da cantante, frautista e percusionista cubana Yaite Ramos, quen é herdeira das oratorias da rumba afrocubana. Incorporouse ao festival na xornada de clausura Rita Braga, cantante, ilustradora, compositora e multi-instrumentista de Lisboa, instalada no Porto. Na última década actuou en numerosos clubs, galerías de arte e festivais por toda Europa, EUA, Brasil e Australia. A súa creación máis nova é a opereta minimal pop de ciencia ficción para ukelele A Quantic Dream, unha combinación dunha secuencia de soños, astrofísica e comedia teatral.

É imposible resistirse ao enerxético e vibrante directo de Jungle by Night, así o demostraron o domingo en Sinsal SON Estrella Galicia. A banda, composta por este colectivo de mozos de Amsterdam, logra converter calquera momento nun festón grazas á súa dinámica proposta influída polo afrobeat nixeriano, o jazz etíope e o rock occidental. Unha exquisita combinación que desde o ano 2010 percorreu decenas de festivais por todo o mundo e que chegou a San Simón despois de finalizar unha nova xira polo sueste asiático desde onde voan o venres para poñer o peche a esta edición 2018.

Un festival sostible, o único posible
A sostibilidade en todos os seus ámbitos, social, medioambiental e económico é un motor de cambio nos panoramas da sociedade actual. Sinsalaudio, empresa promotora do festival, está comprometida coa sostibilidade en todos estes ámbitos e especialmente no ámbito social onde a igualdade, a diversidade de xénero, a inclusión e a non discriminación son parte dos seus obxectivos. Esta política, é unha declaración do compromiso por celebrar eventos sostibles e é, tamén, un recoñecemento do impacto negativo que teñen estas actividades e o noso compromiso de minimizalo. En 2018 este compromiso traduciuse en diversas iniciativas como a reutilización de material, a eliminación dos folletos impresos, a promoción da mobilidade compartida ou a eliminación do plástico na illa.