
Yugen Kala
Héctor e Nico Iglesias son dous xovencísimos irmáns e músicos vigueses que comezaron a súa traxectoria na música gateando polo estudio de grabación do seu pai, (enxeñeiro de son / produtor musical e propietario dunha sala de concertos). Con 17 anos sorprende a madurez do seu traballo no estudo e a súa aposta sen complexos polos sons abstractos dun tipo deelectrónica pouco convencional.

En febreiro de 2020 editaron o seu primeiro disco, ‘Nothing is Original’, con 14 tracks en formato Mixtape quefluctúan entre a IDM, o Bass,Grime, a electrónica escura e o ambient. O álbum recolleu críticas moi positivas por parte de medios especializados e axentes da industria musical, e foi destacado como un dos discos de electrónica experimental do ano en diferentes medios.
Actuaron en festivais coma o WOS de Santiago de Compostela, na prestixiosa radio holandesa Red Light Radio e entregaron podcasts para series de mixes comaOfflinemeetingpoint, Gastemaus, Red Bull Music ou Blank.