• Viernes 23 de julio
    • Leticia Rey

      Leticia Rey

      Escenario Fest Galicia Xacobeo 21-22 | 17:00
      Leticia Rey é unha cantautora galega. Luminosa e mítica, a súa música “móvese entre o mondo dos sonos e o mundo real”, con tintes indie e folk, que tratan de conectar co máis fondo do público. O seu primeiro single, Trough the wind, é unha pequena mostra dun proxecto que conta cunha ampla gama de tonalidades. Logo de gañar o concurso de bandas emerxentes Sonidos Mans Salas 2020 como solista, prepara o seu novo proxecto musical. 
    • ELBA

      ELBA

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 17.45
      ELBA é o proxecto persoal dunha artista Compostelá graduada en canto lírico e violín que  exhibe tanto na súa música como na súa estética a solidez dunha artista contemporánea íntegra e vangardista. O  synth pop, o dark wave, e o dream pop mestúranse na súa música para crear unha atmosfera de luces e sombras,  vintage pero actual, natural pero  meticulosa, fría e  incadescente. 
    • Bira Berpizkundea: Chill Mafia eta Ben Yart

      Bira Berpizkundea: Chill Mafia eta Ben Yart

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 18.45
      Chill Mafia é moito máis que un colectivo. É unha troupe de amigos de Pamplona que reúne a produtores, cantantes,  DJs,  Mc’ s, deseñadores e  graffiteros. O grupo puxo patas para arriba o panorama  euskaldub o pasado mes de xaneiro cando se espallou o seu single GAZTE ARRUNTAREN KOPLAK. O grupo recolle influencias que van desde o punk dos 80 ao reggae,  dub, reggaetón, hiphop e, por suposto, á canción tradicional vasca. 
    • Queralt Lahoz

      Queralt Lahoz

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 20.30
      A música de  Queralt  Lahoz está atravesada polos sons latinos, de raíz e urbanos: o soul, o hiphop e o dancehall dialogan con xeito e naturalidade sobre un aura de coplas e boleros que emerxen de maneira espontánea das súas orixes flamencas e as súas paisaxes persoais. Ten unha das voces mais prometedoras da escena.
    • Phonotoner (Galis115)

      Phonotoner (Galis115)

      Fest Galicia Xacobeo 21-22 | 21.30
      Phototoner é podcast, radio ou, simplemente, un espazo onde a música é protagonista. Desde Colombia ata Suíza, pasando por Inglaterra ou Alemaña, e do world music á electrónica, Galis115 chega a San Simón co arquivo do programa para que o público baile sen cesar. 
  • Sábado 24 de julio
  • Domingo 25 de julio
El cartel del Festival Sinsal SON Estrela Galicia es secreto. El público no sabe que grupos va a ver hasta que desembarca en la Isla de San Simón (Redondela), en el corazón de la Ría de Vigo. 
Ir arriba