Entradas

Sinsal SON Estrella Galicia 2018 celébrase do xoves 26 ao domingo 29 de xullo, dándolle continuidade ao chimpo de tres a catro días ensaiado na pasada edición. A do xoves, primeirísima xornada do festival, será a máis reducida. O venres 27 de xullo a xornada xa inclúe cinco concertos na illa en horario de tarde. E en 2018, o sábado 28 e o domingo 29 de xullo, as grandes xornadas nas que os concertos arrancan en San Simón antes de xantar, repítese cartel ao 90%. Si, serán 7 concertos -mínimo- secretos cada días e as dúas xornadas case “xemelgas”.

  • Ao realizar a túa compra, terás que escoller porto: Vigo ou Meirande (Redondela), do que saes e ao que volves en barco unha vez rematada a xornada.
  • Á venda sairán dúas modalidades de abono: venres/sábado e venres/domingo.
  • Posteriormente poñeranse á venda entradas de día para cada unha das catro xornadas.
  • A organización reserva un cupo limitado de entradas para menores de 16 anos a prezo reducido.
  • O prezo do barco está incluído no prezo total que pagas pola entrada.

O martes 29 de maio ás 12:00 saen á venda os abonos para Sinsal SON Estrella Galicia 2018 e o mércores 30 á mesma hora saen á venda as entradas para cada un dos catro días desta edición, do 26 ao 29 de xullo na Illa de San Simón (Redondela). Na plataforma www.ticketea.com. En 2018, haberá dúas modalidade de abono: venres e sábado / venres e domingo. Ten en conta que o cartel secreto do sábado será case “xemelgo” do do domingo 29. Tes dous portos de saída e retorno, Vigo (Estación Marítima) e Meirande (Museo da Batalla de Rande, Redondela). Debes partir e volver ao mesmo porto. Hai un cupo de abonos e entradas para menores de 16 anos (incluídos) a prezo reducido.

Horarios do festival

Xoves 26 de xullo, de 19:10 a 22:00h, 3 concertos
Venres 27 de xullo, de 17:45 a 22:00h. 5 concertos nos 3 escenarios principais
Sábado 28 de xullo, de 12:50 a 22:00h. 7 concertos mínimo nos 3 escenarios principais e actividades para públicos familiares.
Domingo 29 de xullo, de 12:50 a 21:00h. 7 concertos mínimo nos 3 escenarios principais e actividades para públicos familiares.

 

Abonos (160 ud.):

2 días
Xeral:
Venres 27 + Sábado 28: 68 euros. A partir do 09/07, 72 euros
Venres 27 + Domingo 28: 68 euros. A partir do 09/07, 72 euros
Menores 16 anos (incluídos)
Venres 27 + Sábado 28: 20 euros. A partir do 09/07, 25 euros
Venres 27 + Domingo 28: 20 euros. A partir do 09/07, 25 euros

 

Entradas individuais:
Xeral:
Xoves 26 de xullo: 20 euros. A partir de 09/07, 25 euros.
Venres 27 de xullo: 35 euros. A partir de 09/07, 40 euros.
Sábado 28 de xullo: 50 euros. A partir de 09/07, 55 euros.
Domingo 29 de xullo: 50 euros. A partir de 07/07, 55 euros.

Menores 16 anos (incluídos):
Xoves 26 de xullo: 12 euros (cupo limitado)
Venres 27 de xullo: 12 euros (cupo limitado)
Sábado 28 de xullo: 15 euros (cupo limitado)
Domingo 29 de xullo: 15 euros (cupo limitado)

*Importante: Estes horarios son aproximados, poden sufrir variacións de 10/15 minutos. Por esta razón e por axilidade no embarque é moi importante que o público chegue aos puntos de saída con, polo menos, 30 minutos de antelación sobre o horario marcado.

Gastos de distribución non incluidos. IVE incluido. O transporte no barco até a Illa de San Simón está incluido no prezo. O cupo de abonos e entradas para menores de 16 anos é limitado.

Horarios de barcos

Portos de embarque: Centro de Interpretación de Meirande (Redondela) e Estación Marítima de Vigo. A viaxe desde Vigo dura perto dunha hora e desde Meirande ao redor de 25 minutos.

Xoves 26 xullo

Meirande
Saída: 18:00, 18:50
Retorno: 22:10, 23:05

Vigo
Saída: 17:40
Retorno: 22:55

Venres 27 xullo

Meirande
Saída: 16:30, 17:20
Retorno: 22:10, 23:05

Vigo
Saída: 15:55
Retorno: 22:55

Sábado 28 xullo

Meirande
Saída: 11:30, 12:20
Retorno: 22:10, 23:05

Vigo
Saída: 11:10
Retorno: 22:55

Domingo 29 xullo

Meirande
Saída: 11:30, 12:20
Retorno: 21:10, 22:05

Vigo:
Saída: 11:10
Retorno: 21:55