FAQ
-
Os embarcadoiros
-
Cales son os portos de saída nesta edición?
O único modo de chegar ao festival é nos barcos fletados pola propia organización. O prezo xa está incluido na entrada ao festival. Contamos con dous puntos de embarque: a Estación Marítima da Ría de Vigo (peirao 3) e o Centro de Interpretación de Rande (Meirande, Redondela). Escolle a mellor opción en función do teu lugar de orixe e dos teus medios de transporte. IMPORTANTE: para os teus desprazamentos en coche até os portos, ten en conta que no verán se producen atoamentos con frecuencia pola afluencia ás praias da zona. -
Onde está o porto de saída de Vigo?
A Estación Marítima da Ría de Vigo (Rúa Cánovas del Castillo) atópase no centro da cidade. Non ten perda, de alí parten os barcos de transporte da ría. O de Sinsal sairá do peirao 3. -
Onde está o porto de saída de Meirande?
O embarcadoiro de Meirande, situado no Centro de Intepretación de Rande (Redondela), está localizado no Estreito de Rande, antiga Fábrica do Alemán, a 10 quilómetros de Vigo. Este porto de saída está especialmente recomendado para todas aquelas persoas que vos despracedes en coche ao festival desde o norte de Vigo e Redondela, pois conta cunha ampla chaira (antiga compañía Duchess) para estacionar os vehículos. Podes seguir estas indicacións para chegar:- Pola AP9 desde Pontevedra:
1) Cruzar a Ponte de Rande.
2) Tomar a saída 151 da AP9 (Teis-Chapela) dirección N-552.
3) Tomar a N-552 dirección Redondela.
4) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552.
5) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro (desvío sinalizado pola organización do festival). - Desde Vigo:
1) Tomar a N-552 dirección Chapela-Redondela.
2) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552.
3) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro da chaira de Duchess (desvío sinalizado pola organización do festival). - Desde Redondela:
1) Pasar Redondela e tomar a N-552 dirección Chapela-Vigo.
2) 500 metros antes da rotonda de Rande (Ponte de Rande), desviarse á dereita desde a N-552 cara o aparcadoiro (desvío sinalizado pola organización do festival).
- Pola AP9 desde Pontevedra:
-
Hai aparcadoiros nos arredores de Meirande?
Si, a 200 metros do embarcadoiro, na superficie da chaira da antiga compañía Duchess. O percorrido desde o desvío na N-552 cara ao aparcadoiro estará sinalizado pola organización. -
Como podo ir aos portos sen coche?
Habilitamos dous portos de embarque, Vigo e Meirande (Redondela), para reducir o uso particular dos automóbiles xa que boa parte do público vai partir de Vigo, cidade á que podes chegar a través do transporte público; mais non hai ningún transporte da organización do festival a Meirande.
-
-
Na illa
-
Onde están os escenarios e outros puntos de interese na illa?
Podes descargar este mapa actualizado no que atoparás todos os puntos de interese: información, escenarios, saídas dos paseos, actividades da Escola Sinsal, os lugares de gravación das Sesións San Simón, ...etc. -
Que debería levar a Sinsal SON Estrella Galicia?
Ao Sinsal SON Estrella Galicia é importante levar roupa cómoda e que permita estar fresca durante as horas de calor e máis abrigada a última hora, cando cae o sol. Moitas das asistentes traen toallas ou esterillas para poder sentar e tumbarse no chan con máis comodidade. Tamén é importante protexerse do sol con gafas, sombreiros ou crema protectora. -
Debo levar cartos en efectivo a Sinsal SON Estrella Galicia?
Na illa teremos TPV para que poidas pagar con tarxeta, mais se traes efectivo poderás cambiar os teus cartos por Nemos (a moeda oficial de Sinsal) nas oficinas do festival. -
Podo levar a miña propia comida e bebida?
Si, mais sempre debes deixar o espazo igual de limpo e recollido que como o atopaches. Neste sentido, convidámoste a levar de volta os teus residuos. E lembra que en Sinsal SON Estrella Galicia unicamente está permitido levar comida e bebidas sen alcol.
No caso de que teñas algunha intolerancia ou alerxia alimentaria (p. e., celiaquía), recomendamos que leves a túa propia comida. -
Haberá postos de comida ou bebida na illa?
Si. Tal e como é habitual no Sinsal, contaremos con cinco espazos gastronómicos de proximidade. cunha ampla oferta que inclúe tamén propostas vexetarianas ou veganas. -
O festival é accesible?
Desde Sinsal estamos a traballar para facer do noso festival un evento inclusivo e accesible. Se precisas dalgún servicio específico e tes dúbidas en canto á accesibilidade, por favor, escribe a festival@sinsalaudio.org co asunto "ACCESIBILIDADE" e porémonos en contacto contigo. -
É posible o acceso ao recinto para persoas con mobilidade reducida?
Si. Pódese acceder a tanto ao barco como a todos os puntos da illa por camiños ou rampas. Algúns camiños son irregulares pero facilitaremos os desprazamentos con persoal da organización. Sinsal SON Estrella Galicia conta tamén con baños específicos para público con mobilidade reducida.
Escríbenos, por favor, a festival@sinsalaudio.org co asunto "ACCESIBILIDADE" e porémonos en contacto contigo. -
Podo levar animais de compañía?
No festival non está permitido o acceso de animais de compañía agás no caso dos cans guía. De ser o teu caso, por favor, escríbenos con antelación a festival@sinsalaudio.org co asunto "ACCESIBILIDADE" e porémonos en contacto contigo. -
Podo bañarme na illa ou chegar no meu barco?
Por motivos de seguridade básicos, non permitimos o baño na illa xa que se trata dunha zona de rochas con mareas cambiantes. Por este motivo, tampouco permitimos o acceso en embarcacións que non sexan as oficiais. -
Podo facer fotos ou gravar vídeos en Sinsal SON Estrella Galicia?
Só está permitido tomar fotografías se son realizadas sen afán de lucro e sempre protexendo a intimidade e a privacidade do resto dos asistentes ao evento. No caso de que queiras asistir para cubrir o evento como medio de comunicación, lembra que debes solicitar previamente a túa acreditación en prensa@sinsalaudio.org. -
Hai punto de obxectos perdidos? Como podo recuperar un obxecto despois do festival?
Si. Hai un punto de obxectos perdidos nas oficinas de administración. Mais tamén podes escribirnos un e-mail a info@sinsalaudio.org co asunto: OBXECTO PERDIDO -
Que teño que facer se quero presentar unha queixa?
Podes visitar as nosas oficinas durante o festival e solicitar unha folla de reclamación. Tamén podes enviar un correo eléctronico a festival@sinsalaudio.org co asunto: RECLAMACIÓN
-
-
Sostibilidade
-
Podo beber auga da billa?
Si, a auga da billa que atoparás nas fontes, aseos e cafetería é potable. Estará debidamente indicado por se precisas encher o teu vaso reutilizable. -
Haberá vasos ou pratos reutilizables de Sinsal?
Si. Coma todos os anos, para o consumo de bebidas e comida en San Simón poderás usar un vaso ou plato reutilizable, previa entrega dun depósito. No momento no que devolvas o vaso ou o prato, no lugar e horario indicado, terás o teu depósito de volta. -
Por que en Sinsal non hai papeleiras azuis (para papel) ou amarelas (para envases)?
O festival non pon a disposición do público nin papel nin envases que sexan desbotables e por iso non atoparás estas papeleiras en San Simón. Mais se ti traes da casa papel ou envases que necesites desbotar, diríxete por favor aos postos da organización na illa. Alí farémonos cargo, axeitadamente, destes residuos. -
Que fago cos residuos da comida?
Os envases de cartón (pratos, servilletas...) debes tiralos ao contedor gris de "fracción resto" que atoparás pola illa. Se che sobrou algo de comida (que non debería :D), podes desbotala nun contedor específico de residuos orgánicos situado na zona de restauración. Estes residuos irán a un composteiro que temos habilitado na propia illa. -
Como podo contribuír a diminuir a pegada de carbono do festival?
Sinsal conta cunha política de sustentabilidade que implantamos hai cinco anos coa intención de contribuír ao benestar do noso planeta e, por tanto, das persoas que o habitamos. Se queres contribuír a diminuir a pegada de carbono do festival, aquí tes algunhas recomendacións:- Usa transporte público ou comparte vehículo ata o embarcadoiro.
- Evita levar a San Simón cousas que non penses levar de volta (por exemplo: evita o film ou o papel de aluminio e usa un tupper, ou emprega bolsas reutilizables e vez de bolsas plásticas dun só uso)
- Pensa ben o apetito que tes antes de pedir a comida
- Pecha a billa da auga ao lavar as mans
- Utiliza sempre as papeleiras e cinceiros dispoñibles na illa.
-
Podo fumar en Sinsal SON Estrella Galicia? E comprar tabaco?
Pódese fumar unicamente nas zonas sinaladas, nas que vos pregamos que fagades uso dos cinceiros dispoñibles neses espazos. Non se vende tabaco na illa.
-