Normas #COVID19

Agradecémosvos a vosa colaboración nestas medidas para a seguridade de todas e todos.

1. Cando debo usar a máscara? En todo momento. O acordo da Xunta de Galicia publicado no DOG do sábado 18 de xullo de 2020 establece a obriga do uso de máscara en espazos públicos, abertos e pechados, ainda que se poda manter a distancia de seguridade. A única excepción, no momento puntual no que consumas a túa bebida.

 

2. Protocolo de acceso e desaloxo. No acceso: as cadeiras serán ocupadas por orde de chegada, completando o aforo desde a primeira ringleira até a última. No desaloxo: a orde de saída será á inversa; empezando pola última ringleira. Respectade as distancias con aquelas persoas que non son as vosas acompañantes. 

 

3. Para pedir unha consumición naqueles concertos que dispoñan deste servizo: uso obrigatorio de máscara no acceso á barra e non consumir de pé, só sentado na cadeira.