• July 23th
  • July 24th
  • July 25th
    • Peña

      Peña

      Escenario Fest Galicia Xacobeo 21-22 | 15.00
      Asumindo a propia dependencia xentilicia como punto de partida, a banda formada por Toño Magariños (diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate) ten sido capaz de fiar un corpo de cancións exquisito, que casa sinxeleza con idiosincrasia e valentía formal. No seu primeiro LP, Carneiro, a pulsión subconsciente da musica popular é representada de xeito ampliado, harmonicamente desbordante e extraordinario.  
    • Nico Roig

      Nico Roig

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 16.00h
      Cantante e compositor de Barcelona, é unha das voces chamadas a dar pulo ao pop catalán. Desde o disco Cantiga do xenoma humà (2011), Nico Roig atopou a súa vertente máis persoal nas cancións, que segue explorando en diferentes formatos e con distintos colaboradores.
    • Tonina

      Tonina

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 17.15
      A proposta de Tonina bebe de moitas fontes estilísticas, desde o funk, o soul e o jazz ata música clásica. Criouse en  St. Louis (Missouri), sendo de orixe afroamericano e  siciliano; uns compoñentes que lle deron un alcance musical incomparable tocando moitos xéneros diferentes, pero facendo que cada un sexa seu.
    • Rigoberta Bandini

      Rigoberta Bandini

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 18.45
      Rigoberta Bandini é unha artista fabulosamente heterodoxa, capaz de facer belas versións e de lanzar temas ateigados de humor. Reivindicativa e feminista, sutil, bailonga e descarada, a artista escribe cancións para celebrar a vida e atopar un punto común para o todo mundo. 
    • Víktor Flores

      Víktor Flores

      FEST Galicia Xacobeo 21-22 | 19.45
      Xornalista e DJ galego que abandera o son minimalista centroeuropeo, que combina con apuntamentos de dub, pop electrónico ou clásicos disco ou tecno-pop. 
O cartel do Festival Sinsal SON Estrela Galicia é secreto. O público non sabe que grupos vai ver ata que desembarca na Illa de San Simón (Redondela). Desde a primeira edición en 2003, o principal compromiso de Sinsal foi programar artistas que inician a súa carreira musical ou demostrasen unha gran conexión coa creación contemporánea. Algúns destes nomes, poucos anos despois, aterraron nos grandes festivais e salas de concertos de todo o mundo. A traxectoria da promotora Sinsalaudio, a singularidade do evento e o espazo natural no que se desenvolve son un selo de calidade.
Go to top