Information
Sinsal Esencial é, en esencia, o Festival Sinsal SON Estrella Galicia de sempre pero cun apelido. Mais se cabe, é o máis Sinsal das últimas edicións, pois afonda na súa propia natureza. Máis ca nunca.
-
Tres xornadas de concertos
Músicas de vangarda, de raíz, sonoridades modernas e propostas contemporáneas conforman unha coidada e exquisita paisaxe sonora. -
Unha viaxe en barco
A Illa de San Simón é o escenario e cabeza dun cartel secreto até o desembarco. A saída desde o litoral cara á illa é o punto de partida dunha viaxe ateigada de contemporaneidade, auga e vida. -
Unha illa
No corazón da Ría de Vigo atópase a illa de San Simón, un enclave fermoso e singular: foi fonte de inspiración na lírica medieval, lazareto no s. XIX e campo de concentración na guerra civil. -
Un cartel secreto
Unha proposta secreta, comisariada por Sinsalaudio, que atende ás creacións máis estimulantes do momento e sorprende ao público con suxestivos directos.