• Sinsal Esencial
    • Que é Sinsal Esencial?

      Unha viaxe en barco. Auga. Unha illa. Un cartel secreto. Tres xornadas de música en directo. Unha vivencia compartida. Sinsal Esencial é, en esencia, o Festival Sinsal SON Estrella Galicia de sempre pero cun apelido. Mais se cabe, é o máis Sinsal das últimas edicións, pois afonda na súa propia natureza. Máis ca nunca.
    • Cando se celebra Sinsal Esencial?

      Sinsal SON Estrella Galicia 2021, ou o que é o mesmo, Sinsal Esencial, desenvolverase nas datas habituais da cita, contra final do mes de xullo. Concretamente, ofrecerá tres xornadas de directos que terán lugar os días 23, 24 e 25 de xullo, en horario de tarde.
    • Onde se celebra o Sinsal Esencial?

      A Illa de San Simón, nas Rías Baixas, é o escenario principal e cabeza de cartel da cita. Unha viaxe en barco pola espectacular Ría de Vigo é o punto de partida dun singular evento no que conflúen natureza e música. A entrada de Sinsal Esencial inclúe o transporte marítimo, de ida e volta, entre os embarcadoiros situados no litoral e a illa.
    • Quen actúa en Sinsal Esencial?

      O cartel de SinSal SON Estrella Galicia é un dos secretos mellor gardados do verán. Tanto é así, que o público descubre quen actúa no momento no que pon un pé na illa. Ata entón, a organización (Sinsalaudio) e as bandas que conforman o line up gardan silencio. Nesta edición SinSal Esencial, unha selección de artistas do continente europeo (Galicia, outros puntos de España e Portugal) e dos EEUU achegarán directos estimulantes ao longo de tres xornadas de concertos en dous escenarios.
    • Todas as xornadas son diferentes ou repetides concertos?

      Este ano cada artista só ofrecerá un concerto, de xeito que cada día o programa será completamente diferente ao anterior e non se repetirá ningunha actuación. 
    • Quen organiza Sinsal Esencial?

      A edición de 2021 do Sinsal SON Estrella Galicia é unha iniciativa organizada pola promotora musical e produtora de eventos culturais Sinsalaudio e que conta, como patrocinador principal, con SON Estrella Galicia
    • Quen colabora con Sinsal Esencial?

      O festival conta co apoio da Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, Fest Galicia, Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia, Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do INAEM e AC/E Acción Cultural Española. Nesta edición, tamén colaboran Gadis, Cosferla Industrial, Platu Galician Artesanal Gin, Chef Maestro, Manzanas Marlene e Cafés Do Noso.
  • Entradas
    • Como se pode asistir a Sinsal Esencial?

      As entradas de SinSal Esencial SON Estrella Galicia sairán á venda o 8 de xullo, a partir das 12.00 horas, na plataforma www.enterticket.es. O público poderá adquirir as súas entradas para cada xornada de concertos -sen posibilidade de adquirir abono- e estableceranse prezos diferenciados entre o público adulto e menor de 16 anos -inclusive-
    • As entradas inclúen o transporte marítimo até a illa?

      Si. Ademais do acceso aos concertos da illa de San Simón, cada entrada inclúe o transporte en barco até a mesma desde o litoral. A viaxe (de ida e volta) poderase facer desde dous puntos diferenciados da ría, Vigo e Meirande, que se seleccionan á hora de mercar a entrada.
    • Para poder acceder ao barco e asistir aos concertos da illa, teño que ter entrada?

      Si. Adquirir a entrada previamente, a través da plataforma www.enterticket, é un requisito indispensable para poder asistir ao festival. As persoas menores de 16 anos (ou desa idade no momento de celebración do festival) deberán levar, ademais, a súa autorización asinada por unha adulta responsable. 
    • Hai abono este ano?

      Este ano as entradas serán individuais para cada unha das tres xornadas de festival, de xeito que este ano non poderás adquirir abono.
    • Cantas entradas podo mercar dunha vez?

      Cada usuario poderá mercar, en cada proceso de compra, até un máximo de 6 entradas.
    • Que prezo teñen as entradas?

      As entradas de adultos terán dous prezos: 43 euros, máis gastos de xestión, se viaxas desde Vigo, ou 38 euros (máis gastos de xestión) desde Meirande. No caso das menores de 16 anos (ou desa idade no momento de celebración do festival) serán 20 euros (gastos de xestión non incluídos). 
    • Porque hai diferenza de prezo nas entradas e viaxe en barco en función do embarcadoiro de saída?

      As persoas que viaxen desde Vigo gozarán dun concerto extra ao desembarcar, cada día, na illa de San Simón. 
    • Como podo mercar entradas para menores de 16 anos?

      Á hora de realizar a compra das entradas, atoparás a opción de seleccionar ticket para menores de 16 anos (tamén válida para as persoas desa idade no momento de compra). Aquí podes descargar a autorización, que se deberá entregar no acceso ao barco. 
    • Podo cambiar o nome da persoa que asistirá na entrada?

      Si. O nome ( e datos) das persoas usuarias das entradas, é dicir, as asistentes ao festival, pódese mudar na plataforma de venda oficial, Enterticket, no seguinte enlace: https://venta.enterticket.es/cambios 
    • Haberá postos de comida ou bebida na illa?

      Si. Contaremos con espazos gastronómicos de proximidade.
    • Merquei unha entrada para o Sinsal Museo do Mar 2019 e teño acceso á prevenda exclusiva para esta edición. Cando se abre o prazo da prevenda?

      O prazo prioritario de venda abrirase o mércores 7 ás 12.00 horas na plataforma de venda Enterticket. No teu correo electrónico recibirás a información concreta para poder facer uso deste prazo prioritario o martes 6 de xullo. Se non o recibiches o correo coas indicacións antes das 10.00 horas do mércores 7, por favor, contacta con nós a través da dirección  festival@sinsalaudio.org o antes posible.  
    • Cantas entradas poderei adquirir na prevenda?

      Unha entrada. Se queres máis, poderás mercalas a partir das 12.00 horas do día 8 de xullo.
  • Sobre a viaxe en barco
    • Cal é o horario de ida e volta dos barcos?

      O venres 23 e sábado 24, os barcos sairán de Vigo ás 16.00 horas e regresarán ás 22.30 horas. No caso de Meirande, as embarcacións sairán ás 17.10 e volverán ás 21.45 horas. O domingo 25 os horarios adiantaranse un par de horas. Así, en Vigo sairán ás 14.00 horas e regresarán ás 20.30 horas, mentres que en Meirande sairán ás 15.10 e regresarán ás 19.45 horas. Tamén podes consultar os horarios aquí
    • Canto dura a viaxe en barco?

      Desde Vigo algo máis de 50 minutos e desde Meirande (Redondela) ao redor de 25. IMPORTANTE: Estuda os horarios e escolle o porto que mellor se adapte ás túas necesidades, especialmente se vés con menores. A viaxe desde Meirande dura menos que dende Vigo!
    • Que pasa se perdo o barco que me leva á illa?

      A organización non se responsabiliza da perda do barco por parte do público. Lembra chegar con 30 minutos de antelación para garantir a túa viaxe!
    • Podo regresar antes do meu horario?

      Non, a viaxe en barco a San Simón ten un horario de entrada e saída que debe ser cumprido por problemas de capacidade no barco de pasaxeiros.
    • Podo abandonar a illa en caso de urxencia?

      O festival conta, só para casos de urxencia xustificada, cun barco á disposición do público. Calquera necesidade ao respeito será analizada pola organización. 
  • Sobre transporte
    • Cales son os portos de saída nesta edición?

      O único modo de chegar ao festival é nos barcos fletados pola propia organización. O prezo xa está incluido na entrada ao festival. Este ano contamos con dous puntos de embarque: a Estación Marítima de Vigo e o Centro de Interpretación de Rande (Meirande, Redondela). Escolle a mellor opción en función do teu lugar de orixe e dos teus medios de transporte. IMPORTANTE: para os teus desprazamentos en coche até os portos, ten en conta que no verán prodúcense atoamentos con frecuencia pola afluencia ás praias da zona.
    • Onde está o porto de saída de Vigo?

      A Estación Marítima de Vigo (Rúa Cánovas del Castillo, 3) atópase no centro da cidade. Non ten perda, de alí parten os barcos de transporte da ría.
    • Onde está o porto de saída de Meirande?

      O embarcadoiro de Meirande, situado no Centro de Intepretación de Rande (Redondela), está localizado no Estreito de Rande, antiga Fábrica do Alemán, a 10 quilómetros de Vigo. Este porto de saída está especialmente recomendado para todas aquelas persoas que vos despracedes en coche ao festival desde o norte de Vigo e Redondela, pois conta cunha ampla chaira (antiga compañía Duchess) para estacionar os vehículos. Podes seguir estas indicacións para chegar:
      • Pola AP9 desde Pontevedra:
       1) Cruzar a Ponte de Rande. 2) Tomar a saída 151 da AP9 (Teis-Chapela) dirección N-552. 3) Tomar a N-552 dirección Redondela. 4) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 5) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro (desvío sinalizado pola organización do festival).
      • Desde Vigo:
       1) Tomar a N-552 dirección Chapela-Redondela. 2) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 3) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro da chaira de Duchess (desvío sinalizado pola organización do festival).
      • Desde Redondela:
       1) Pasar Redondela e tomar a N-552 dirección Chapela-Vigo. 2) 500 metros antes da rotonda de Rande (Ponte de Rande), desviarse á dereita desde a N-552 cara o aparcadoiro (desvío sinalizado pola organización do festival).
    • Hai aparcadoiros nos arredores de Meirande?

      Si, a 200 metros do embarcadoiro, na superficie da chaira da antiga compañía Duchess. O percorrido desde o desvío na N-552 cara ao aparcadoiro estará sinalizado pola organización.
    • Como podo ir aos portos sen coche?

      Habilitamos dous portos de embarque: Vigo e Meirande (Redondela) para reducir o uso particular dos automóbiles xa que boa parte do público vai partir de Vigo. Non hai ningún transporte da organización do festival a Meirande.